Campanas de México

Maior. - Igrexa de San Xiao de Ousá - FRIOL

Maior. - Igrexa de San Xiao de Ousá FRIOL (GALICIA)

Localización Espadana
Diámetro 65
Peso aproximado 159
FundidorBLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS)
Año fundición 1925
Descripción Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1925 por Gregorio Blanco en Monforte de Lemos (Lugo). Ten unha medida estimada duns 65 cm de diámetro.
Inscripción tercio 3 cordóns /
JHS Y MARIA ANO DE 1925 ⁎ ⁎ ⁎ /
2 cordóns.
Inscripción medio Presenta unha cruz con pedestal de catro chanzos feitas a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes. Pola parte oposto presenta a imaxe dun Santiago Apóstolo a cabalo.
Inscripción medio pie 3 cordóns.
Inscripción pie Presenta sinete rectangular coa inscrición: "Blanco Me Hizo / MONFORTE" /
1 cordón.
Yugo Xugo de madeira.
Mecanismos para tocar Badalo cunha cadea.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Autores
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (24-04-2024)
  • Editor TROIANO CARRIL, Xosé
    Fecha 28-04-2024
    10 Fotos
  • Registro reducido (PDF)
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 30-06-2024 ✱ 083038@gmail.com