Campanas de México

A Mariana maior (2) - Catedral de Santa María - LUGO

A Mariana maior (2) - Catedral de Santa María LUGO (GALICIA)

Localización Sala de campás
Diámetro 53
Altura bronce 50
Borde 5
Peso aproximado 86
FundidorALONSO DE VIADERO, DIONISIO
Año fundición 1719
Descripción As dúas campás pequenas ou "Marianas" son practicamente iguais en todo, coa única diferenza da cruz, que no caso da campá maior ten tres cravos. O resto é similar.
Na parte superior a campá leva a usual inscrición das campás galegas "IHS # MARIA # # # IOSEPH # ". IHS é o anagrama de Jesús en grego.
Na parte de fóra, no medio, hai unha cruz con pedestal.
No medio pé pon en latín "LAVDATE # DOMIИVM # IИ # CIMBALIS # BEИE SOИAИTIBVS # AИИO # I7I9 # " Usualmente escríbese xunto BENESONANTIBUS. A cita está tomada do salmo 150:5 "LAUDATE EUM IN CIMBALIS BENESONANTIBUS LAUDATE EUM IN CIMBALIS JUBILATIONIS OMNIS SPIRITUS LAUDET DOMINUM" (Ps 150:5) que significa ENCOMIÁDELLE (AO SEÑOR) CON CAMPÁS BEN AFINADAS (DE BO SON), ENCOMIÁDELLE CON CAMPÁS DE ALEGRÍA, TODO ESPÍRITO ENCOMIE AO SEÑOR.
A continuación pon en latín o ano de fundición: ANO 1719.
Debaixo, na parte exterior, está a marca de fábrica en monotipo, combinando o español e o latín: " # DIONISIO # ALONSO # ME FCIT # " é dicir DIONISIO ALONSO FÍXOME.
Inscripción tercio (2 cordóns) /
"IHS # MARIA # # # IOSEPH # " /
(2 cordóns)
Inscripción medio (00) (Cruz con pedestal e tres cravos) /
(cordón)
Inscripción medio pie (2 cordóns) /
"LAVDATE # DOMIИVM # IИ # CIMBALIS # BEИE SOИAИTIBVS # AИИO # I7I9 # " /
(2 cordóns) /
(00) (marca de fábrica en monotipo) " # DIOИISIO # ALONSO # ME FCIT # "
Prima Lab 5 -45
Hum Fa 4 -38
Tercera menor La 5 +35
Quinta Mi 6 -07
Octava Fa# 6 +00
Toques tradicionales Posiblemente repique nada máis, sen mover a campá.
Toques actuales Posiblemente repique nada máis, sen mover a campá.
Yugo Madeira
Estado de conservación A campá non ten badalo.
Hai no seu interior uns arames grosos, que deixaron marcas.
Debaixo da campá hai diversas plantas verdes.
Mecanismos para tocar Corda ao badalo que chega ata a outra campá pequena
Protección Protección xenérica ao atoparse nun BIC declarado. No entanto debería incoarse expediente para incluír a campá e a instalación orixinal no Inventario Xeral de Bens Mobles, debido ao interese do conxunto.
Valoración En caso de rotura só pode ser soldada. Pode ser substituída por outra campá de distinta afinación.
Instalación A instalación é orixinal e é preciso conservala para protexer a sonoridad e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Autores
  • CALVETE HERNÁNDEZ, Pascual (1991)
  • ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc (06-09-2006)
  • FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao [Introdución ás firmas, marcas, selos e sinetes dos fundidores das campás de Lugo] (2013)
  • Editor LLOP i BAYO, Francesc
    Fecha 29-03-2020
    34 Fotos
  • Registro reducido (PDF)
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 17-07-2024 ✱ 083038@gmail.com