Campanas de México

Santa María (4) - Catedral de Santa María - LUGO

Santa María (4) - Catedral de Santa María LUGO (GALICIA)

Localización Sala de campás
Diámetro 119
Altura bronce 85
Borde 11
Peso aproximado 639
FundidorBLANCO, JANUARIO; CARRERA BLANCO, ANTONIO
Año fundición 1864
Descripción A campá ten dúas complexas inscricións latinas cheas de abreviaturas non sempre fáciles de desenvolver. Na parte superior figuran os nomes dos fundidores da campá, algo moi pouco usual xa que esta parte, máis nobre, adoita indicar soamente a dedicación da campá: "SIGNUM VIRG. MARIÆ SACRUM EX ÆRE FUS. JANUARIO BLANCO ET ANTONIO CARRERA BLANCO OPIFICIB. CONFLAT. # # # "
Interpretamos SIGNUM, como na campá dos cuartos, é dicir, máis que SINAL, CAMPÁ. Xa que logo sería CAMPÁ CONSAGRADA A La VIRXE MARÍA COADA EN BRONCE POLOS ARTESÁNS FUNDIDORES JANUARIO BLANCO E ANTONIO CARRERA BLANCO. Trátase de dous fundidores descoñecidos ata a data, aínda que había referencia doutros da familia BLANCO.
No medio hai, á parte de fóra, unha cruz con pedestal. Na parte interior hai unha custodia e debaixo unha cartela onde di "LA VOZ DE MARIA / DE GRACIA PLENA / A SU CULTO INVITA / A TODA LA TIERRA".
No medio pé hai unha inscrición escura, con moitas abreviaturas, en latín: "AB EXCMO. ET YLTMO. D. D. JOSEPHO DE LOS RIOS ET LAMADRID PONTIF. SAC. CRISM. DELIB. D. D. PETRO BENEDICTIO A VALDÉS, ARCHIDIAC. PRO CANONIC. COLLEG. CULMINE SUSPENS. ANNO D. MDCCCLXIV. # # ". Indicaría que a campá foi consagrada polo Excelentísimo e Ilustrísimo Doutor Don José dos Ríos e Lamadrid, sendo arcediano o Doutor Don Pedro Benito de Valdés, o ano 1864.
Don José dos Ríos e Lamadrid foi bispo de Lugo desde 1857 ata 1884, segundo o OBISPADO DE LUGO 101 Obispos de Lugo.
Inscripción tercio (cenefa de triángulos)
(2 cordóns) /
"SIGNUM VIRG. MARIÆ SACRUM EX ÆRE FUS. JANUARIO BLANCO ET ANTONIO CARRERA BLANCO OPIFICIB. CONFLAT. # # # " /
(2 cordóns)
Inscripción medio (00) (Cruz con pedestal)
(06) (custodia) / (cartela) "LA VOZ DE MARIA / DE GRACIA PLENA / A SU CULTO INVITA / A TODA LA TIERRA"
Inscripción medio pie (2 cordóns) /
"AB EXCMO. ET YLTMO. D. D. JOSEPHO DE LOS RIOS ET LAMADRID PONTIF. SAC. CRISM. DELIB. D. D. PETRO BENEDICTIO A VALDÉS, ARCHIDIAC. PRO CANONIC. COLLEG. CULMINE SUSPENS. ANNO D. MDCCCLXIV. # # " /
(2 cordóns)
Toques tradicionales Repiques circulares (virando o badalo dentro de todo o perímetro da campá).
Posible volteo deixando a campá cara arriba entre toque e toque. A campá ten unha panca no medio do cepo para iniciar o abalo ou o volteo; é a única desta torre con este elemento auxiliar.
Toques actuales Repiques circulares (virando o badalo dentro de todo o perímetro da campá).
Yugo Madeira
Estado de conservación Durante o mantemento do cepo de madeira a campá non foi protexida e hai numerosos manchas de pintura verde no bronce. Por outra banda a utilización de pintura plástica non parece a mellor protección para a madeira.
Ten numerosas manchas por excrementos de aves na parte interior da campá.
A campá ten dobre marca circular do badalo, probablemente porque estaba antes descolgado.
Ferro para fixar a campá cara arriba entre volteo e volteo.
Toque manual.
Cepo pintado de verde.
Mecanismos para tocar Corda corta atada ao badalo.
Protección Protección xenérica ao atoparse nun BIC declarado. No entanto debería incoarse expediente para incluír a instalación orixinal no Inventario Xeral de Bens Mobles, debido ao interese do conxunto.
Valoración Campá interesante. Pode refundirse en caso de rotura tras a sua documentación.
Instalación A instalación é orixinal e é preciso conservala para protexer a sonoridad e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Autores
  • CALVETE HERNÁNDEZ, Pascual [Autor SANDALIO PALACIO (1851)] (1991)
  • ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc (06-09-2006)
  • FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao [Introdución ás firmas, marcas, selos e sinetes dos fundidores das campás de Lugo] (2013)
  • Editor ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc
    Fecha 07-04-2008
    60 Fotos
  • Registro reducido (PDF)
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 30-06-2024 ✱ 083038@gmail.com