Campanas de México

Froilana, Cana (6) - Catedral de Santa María - LUGO

Froilana, Cana (6) - Catedral de Santa María LUGO (GALICIA)

Localización Sala de campás
Diámetro 140
Altura bronce 105
Borde 15
Peso aproximado 1589
FundidorCAGIGAL, ANDRÉS (VALLE DE HOZ); PALACIO, DOMINGO (GÜEMES)
Año fundición 1792
Descripción Na parte superior a campá leva a usual inscrición das campás galegas seguido da dedicación da campá "J. S. # M.A # ET # JOS. # S. # FROYL.E # ORA # PRONOBIS# # # # # # # # # "
A abreviatura de Jesús non é usual, xa que habitualmente ponse JHS (en latín) ou IHS (en grego). Deberon escribir "JHS MARIA ET JOSEPH. SANTE FROILANE ORA PRO NOBIS" é dicir JESÚS, MARÍA E JOSÉ. SAN FROILÁN ROGA POR NÓS.
No medio hai, á parte de fóra, unha cruz con pedestal, e á parte interior San Froilán.
Debaixo pon, en dúas liñas, "ONNES # AD # ECLAM. VOCE # VOCABO # SONORA # IN # FROYLAN # VOCE # CVI # SVM # DICATA # PATRONO # FVIT # ERECTA # CVN # ISTA # DEDICATIONE # ANNO # I7I9 # REDIFICATA # EADEM # IN # I774 # ITERVM # ET # CONSECRATA # I792 # ARTIFECES # # " / " # DOMINICVS # PALACIO # Y # ANDRES # CAGIGAL # "
Unha tradución aproximada pode ser CONVOCAREI A Todos Ao TEMPLO CUNHA VOZ SONORA Ao NOME DO PATRÓN FROILÁN Ao QUE ESTOU DEDICADA. FUN CONSTRUÍDA CON ESTA DEDICACIÓN NO ANO 1719 E IGUALMENTE RECONSTRUÍDA EN 1774, AGORA DE NOVO SON CONSAGRADA EN 1792 SENDO ARTÍFICES DOMINGO PALACIO E ANDRÉS CAGIGAL.
Inscripción tercio (2 cordóns) /
"J. S. # M.A # ET # JOS. # S. # FROYL.E # ORA # PRONOBIS# # # # # # # # # " /
(2 cordóns)
Inscripción medio (00) (cruz con pedestal)
(06) (San Froilán)
Inscripción medio pie (2 cordóns) /
"ONNES # AD # ECLAM. VOCE # VOCABO # SONORA # IN # FROYLAN # VOCE # CVI # SVM # DICATA # PATRONO # FVIT # ERECTA # CVN # ISTA # DEDICATIONE # ANNO # I7I9 # REDIFICATA # EADEM # IN # I774 # ITERVM # ET # CONSECRATA # I792 # ARTIFECES # # " /
(3 cordóns)
(00) " # DOMINICVS # PALACIO # Y # ANDRES # CAGIGAL # "
Toques tradicionales Repiques circulares (virando o badalo dentro de todo o perímetro da campá).
Posible volteo deixando a campá cara arriba entre toque e toque.
Toques actuales Repiques circulares (virando o badalo dentro de todo o perímetro da campá).
Yugo Madeira
Estado de conservación O badalo grande, característico de campás fixas, un pouco descolgado.
Durante o mantemento do cepo de madeira a campá non foi protexida e hai numerosos manchas de pintura verde no bronce. Por outra banda a utilización de pintura plástica non parece a mellor protección para a madeira.
Ten numerosas manchas por excrementos de aves na parte interior da campá.
Ferro para fixar a campá cara arriba entre volteo e volteo.
Toque manual.
Cepo pintado de verde.
Mecanismos para tocar Corda corta atada ao badalo
Protección Protección xenérica ao atoparse nun BIC declarado. No entanto debería incoarse expediente para incluír a campá e a instalación orixinal no Inventario Xeral de Bens Mobles, debido ao interese do conxunto.
Valoración En caso de rotura só pode ser soldada. Pode ser substituída por outra campá de distinta afinación.
Instalación A instalación é orixinal e é preciso conservala para protexer a sonoridad e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Autores
  • CALVETE HERNÁNDEZ, Pascual [Fecha de la campana 1791 - Autor PEÑALACIA] (1991)
  • ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc (06-09-2006)
  • FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao [Introdución ás firmas, marcas, selos e sinetes dos fundidores das campás de Lugo] (2013)
  • Editor LLOP i BAYO, Francesc
    Fecha 09-03-2019
    64 Fotos
  • Registro reducido (PDF)
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 17-07-2024 ✱ 083038@gmail.com