Campanas de México

Santa Bárbara (5) - Concatedral Basílica de Santa María - VIGO

Santa Bárbara (5) - Concatedral Basílica de Santa María VIGO (GALICIA)

Localización Torre norte
Diámetro 97
Altura bronce 85
Borde 10
Peso aproximado 528
FundidorRODRÍGUEZ, JUAN ANTONIO
Año fundición 1782
Descripción A campá ten unha inscrición mal documentada na parte superior: "IHS S... DE VIGO I S BÁRBARA RO[...] POR NOS" Hai unha parte incompleta ao principio, que pode ser SALVADOR ou SEÑOR, mentres que a segunda falta está cuberta por defectos irreversibles de fundición. Seguramente querían pór ROGAD. É a primeira vez que atopamos a expresión NOS, no canto de NOBIS (en latín) ou NOSOTROS (en español).
No medio hai, á parte exterior, unha cruz con pedestal.
No medio pé interior unha imaxe de Santa Bárbara. Embaixo di "SE HIZO ANO DE I782 SIENDO PROCVRADOR GENERAL DN DIEGO DE MARZIA" que deberon escreber SE HIZO EL AÑO DE 1782 SIENDO PROCURADOR GENERAL DON DIEGO DE MARZIA.
No pé, á parte interior, atópase a marca de fábrica, cunha firma tamén única: " # JVAN # ANTOU # / # RODRIGVEZ # / # FECIT # / # ME # " é dicir JUAN ANTONIO RODRIGUEZ FÍXOME. No entanto o habitual é pór, en latín, ME FECIT.
Inscripción tercio (Cenefa) /
(cordón) /
(cordón) /
"IHS S... DE VIGO I S BARBARA RO[...] POR NOS" (As primeiras palabras non documentadas; a palabra RO con defecto de fundición que a fan ilegible.)/
(cordón) /
(cordón) /
(cenefa)
Inscripción medio (00) (cruz con pedestal) /
(2 cordóns)
Inscripción medio pie (06) (Santa Bárbara) /
(2 cordóns) /
"SE HIZO ANO DE I782 SIENDO PROCVRADOR GENERAL DN DIEGO DE MARZIA" /
(2 cordóns)
Inscripción pie (00) (marca de fábrica) " # JVAN # ANTO # / # RODRIGVEZ # / # FECIT # / # ME # "
(2 cordóns)
Prima Lab 4 +13
Hum Fa# 3 -47
Tercera menor Si 4 -40
Quinta Fa# 5 -09
Octava Sol 5 +15
Toques tradicionales Repiques circulares (virando o badalo dentro de todo o perímetro da campá)
Toques actuales Repique manual e con electromazo.
Yugo Madeira novo
Estado de conservación Numerosos defectos de fundición na parte superior, que afectan ás decoracións e ao texto.
Asas (non encaixadas no cepo novo).
Desgaste de campá por toque circular do badalo.
Mecanismos para tocar (09) Electromazo - Badalo
Actuaciones O cepo de madeira histórico foi substituído por un novo, de igual forma para todas as campás. O traballo foi realizado por CARESA en 2000.
Protección Protección xenérica ao atoparse nun BIC declarado. No entanto debería incoarse expediente para incluír a campá e a instalación orixinal no Inventario Xeral de Bens Mobles, debido ao interese do conxunto.
Valoración En caso de rotura só pode ser soldada. Pode ser substituída por outra campá de distinta afinación.
Instalación A instalación é orixinal e é preciso conservala para protexer a sonoridad e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Autores
  • ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc (10-09-2006)
  • VÁZQUEZ ARES, Mateo [Concatedral - Basílica de Santa María de Vigo] (31-01-2022)
  • Editor ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc
    Fecha 27-10-2016
    43 Fotos
  • Registro reducido (PDF)
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 09-07-2024 ✱ 083038@gmail.com