Campanas de México

Espadana da igrexa de San Cibrán de Vilastose - MUXÍA (GALICIA)

Registro de las campanas

Espadana da igrexa de San Cibrán de Vilastose - MUXÍA (GALICIA)

Lugar da Grixa
15124 MUXÍA
Época construcción Séculos XII-XIII.
Descripción A igrexa de Vilastose está situada no lugar da Grixa, Pertence ó concello de Muxía, aarciprestazgo de Nemancos e diócese de Santiago de Compostela.
Ten unha planta de salón con dúas capelas ós lados. simulando un cruceiro. No século XX cambiouse o teito ó engadírselle unha cuberta de placa de formigón.
Ós pés levántase un coro alto de cemento e un espazo adicado o baptisterio. A capela maior, de planta rectangular, presenta unha cima-recta tallada en granito, que marca a liña de imposta desde que arranca a bóveda. As dúas capelas que se abren á nave central, ó norte e ó sur respectivamente, están adicadas á Nosa Señora do Rosario e á Concepción. A primeira foi fundada por don Cristobal de Pazos, fidalgo local; e a segunda pola familia dos Agulleiro, en época barroca. A sancristía, con acceso desde ó interior do presbiterio e desde o exterior do templo, cóbrese cunha bóveda granítica de canón, lixeiramente apuntada. Unha das singularidades do uso proxémico do espazo nesta parroquia é a colocación de elementos da arquitectura popular como o hórreo, xunto a outros de carácter relixioxo como o campanario. Unha espadana de estilo barroco, desprazado da súa localización habitual da igrexa. A espadana ten dous ocos en arco de medio punto sobre unha base de perpiaño e rematado por un frontón curvo partido flanqueado por dous pináculos e rematando o conxunto por unha cruz de granito.
Las campanas 2 campás. A maior de 1903, fundida por d. Melchor Ocampo e a menor de 2001 fundida polos Ocampo en Arcos da Condesa.
Bibliografía (se puede ordenar por autor o por año)
Autor y títuloAño
GARCÍA QUINTÁNS, Modesto - A linguaxe das campás parroquiais na nosa comarca2021
8 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2023-06-18

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Menor.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)20015177
Maior.OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA)190383331
  • Registro reducido (PDF)
  • MUXÍA: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 29-06-2024 ✱ 083038@gmail.com