Campanas de México

Igrexa de Santa María de Labrada - GUITIRIZ (GALICIA)

Registro de las campanas

Igrexa de Santa María de Labrada - GUITIRIZ (GALICIA)

Lugar Penas, 3
27307 GUITIRIZ
Descripción igrexa de orixe románica da que somente quedan orixinais algúns restos de muro. A igrexa foi refeita nos séculos XVII e XVIII. Unha nave con muros de cantería labrada, arco triunfal, capela maior de cachotería e sacristía detrás dela. Conserva o pavimento de pedra e o teito é de artesoado de madeira. No muro lateral dereito está a porta da construción primitiva, leva lintel con tres pequenas cruces no exterior e arco de medio punto no interior. No interior, conserva unhas pinturas murais datadas do século XV, unha auténtica obra de arte merecedora dunha visita.
A fachada principal do século XVIII, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, coa porta principal rectangular alintelada. Sobre o ingreso unha pequena xanela rectangular abucinada e, enriba desta, unha pequena fornela cunha imaxe da Virxe en pedra. Rompendo o vértice da fachada, unha base para unha espadana de dous corpos franqueado por dous pináculos moldurados e rematado con bóla. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moi moldurados e serve para aloxa-las dúas campás. O segundo corpo sobre cornixa, un frontón triangular curvo cun oco circular central, franqueado por dous pináculos bóla. Remata o conxunto un acroterio sobre o frontón cun pináculo con bóla. Enriba da sancristía ten unha pequena espadana dun corpo na que vai aloxada unha campá.
Las campanas Campás de Santa María de Labrada (Guitiriz, Lugo). Tanto a maior como a menor fundidas en 1918 por D. Constantino Linares en Carabanchel Bajo, Madrid.
1 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2023-05-01

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Campá pequena (1)LINARES ORTIZ, CONSTANTINO DE (CARABANCHEL BAJO)191863145
Campá grande (2)LINARES ORTIZ, CONSTANTINO DE (CARABANCHEL BAJO)191877264
  • Registro reducido (PDF)
  • GUITIRIZ: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 09-07-2024 ✱ 083038@gmail.com