Campanas de México

Igrexa de San Vicenzo de Augasantas - ROIS (GALICIA)

Registro de las campanas

Igrexa de San Vicenzo de Augasantas - ROIS (GALICIA)

Lugar da Eirexa, s/n.
15912 ROIS
Descripción A igrexa de estilo barroco ten nave de cruz latina, con dous pequenos corpos saíntes a cada lado da nave, de menor altura, e sancristía acaroada ao lado norte do presbiterio. Feita a base de cadeirado de granito e tellado a dúas augas, excepto na cabeceira e brazos menores da cruz de menor desenvolvemento. A torre do campanario, que aparece situada no eixo central da fachada, proporciona unha grande verticalidade á edificación, algo que consigue grazas ao seu gran porte
A portada aparece decorada con orelleiras cadradas de baquetóns superpostos que enmarcan a porta. Esta vai flanqueada por pilastras con molduras. Enriba dela unha cornixa voada dá paso a un frontón de remate curvo onde se asenta unha fornela co santo da súa advocación. Remata a fachada en frontón triangular con dous grandes pináculos en forma de copa en cada esquina. Na torre do campanario pódense diferenciar tres corpos. O primeiro corpo cuadrangular, con adornos de rebaixes nos muros, remata nunha cornixa moi voada que dá paso ao outro corpo rodeado de fermosa balaustrada e que acolle as campás en ocos rematados en arco de medio punto que levan dúas pilastras refundidas por cada cara. O terceiro corpo de base octogonal con vans que rematan en arcos e que sosteñen unha pequena cúpula con nervios e rematada en pináculo que culmina cunha cruz de forxa. Ten adornos de pináculos en cada esquinas dos entaboamentos que dividen os corpos da torre.
Las campanas 2 campás.
Bibliografía (se puede ordenar por autor o por año)
Autor y títuloAño
GARCÍA GIMÉNEZ, Alfredo - Vai cambiar o tempo, que se oe moi ben a campá da Choza2020
2 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2023-03-29

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
REGINA SACRATISSIMI ROSARIILISTE PEREIRAS, JUAN (PARROQUIA DE ORAZO)189486368
San VicenteLISTE PEREIRAS, JUAN (PARROQUIA DE ORAZO)1894111792
  • Registro reducido (PDF)
  • ROIS: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 17-07-2024 ✱ 083038@gmail.com