Campanas de México

Igrexa de Santa María de Proendos - SOBER (GALICIA)

Registro de las campanas

Igrexa de Santa María de Proendos - SOBER (GALICIA)

Descripción Igrexa de primitiva traza románica do século XII. O templo actual, levantado sobre o primitivo, é de planta rectangular con ábsida da mesma forma, aínda que algo máis estreito e cuberta de tella a dúas augas . Das formas románicas só quedan restos na ábsida.
No seu interior destacan os arcos que arrancan de columnas de fustes curtos, cilíndricos e monolíticos. É un caso peculiar en Galicia similar ao do templo de Santa María de Albán en Sarria.
Na capela maior consérvanse interesantes pinturas murais, datadas no século XVI, nas que se representa a Adoración dos Reis, a Adoración dos Pastores, a Fuxida de Exipto, San Blas e a Visitación, complementadas cunha serie de motivos xeométricos e florais.
Porta principal de medio punto con ornamentación sinxela. Sobre esta unha ventá de medio punto adornada con vidro pintado. Espadana con dous vans. Escaleiras exteriores a campanario. Muro de cantaría.
Las campanas 2 campás.
3 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2023-04-18

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Campá pequena (1)BLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS)1899
Campá grande (2)BLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS)1933
  • Registro reducido (PDF)
  • SOBER: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 13-07-2024 ✱ 083038@gmail.com