Lugar de Tines, 63. 15126 VIMIANZO | ||||
Descripción | A igrexa de Santa Baia de Tines construíuse sobre os restos dunha vila romana e dunha importantísima necrópole romano-sueva, dos que se atoparon restos no pasado século. A igrexa sufriu bastantes reformas, incluso a incorporación dunha ermida, a Ermida Vella, que agora é a capela sur. A parte máis antiga é a ábsida, a capela maior, de estilo románico do século XII. O máis interesante son os seus capiteis historiados. O do lado norte representa a escena do pecado e castigo de Adán e Eva e a do lado sur, o martirio de Santa Baia de Mérida, a quen está dedicado o templo. Son de feitura moi rústica, pero bastante raros na zona. Aseménllanse un pouco á escultura castrexa. Tamén conta cun fermoso retablo barroco na Ermida Vella, realizado en 1751 por Ignacio Martínez. Exteriormente conta cunha estreita ventá seteira rematada en arquiño de medio punto. Na porta de entrada ó adro existe unha figura dun Agnus Dei, que posiblemente sexa románico tamén. | |||
---|---|---|---|---|
Las campanas | Campás de Santa Baia de Tines (Vimianzo, A Coruña). Tanto a maior como a menor fundidas en 1914 polos Ocampo de Arcos da Condesa (Caldas de Reis, Pontevedra). | |||
1 Fotos del campanario | ||||
Fichas de todas las campanas | ||||
Editor | TROIANO CARRIL, Xosé | |||
Actualización | 2023-12-29 | |||
Campanas actuales |
Campana | Fundidor | Año | Diámetro | Peso |
---|---|---|---|---|
Menor | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1914 | 45 | 53 |
Maior. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1914 | 55 | 96 |
Campanas de México ✱ Actualización 09-07-2024 ✱ 083038@gmail.com