Campanas de México

Igrexa de San Salvador de Sarria - SARRIA (GALICIA)

Registro de las campanas

Igrexa de San Salvador de Sarria - SARRIA (GALICIA)

Rúa do castelo, 7.
27600 SARRIA
Época construcción Século XIII.
Descripción A Igrexa de San Salvador de Sarria está datada no século XIII. Construída en cantaría, consta dunha nave rectangular, con teitume de madeira con cuberta a dúas augas e ábsida semicircular. Encadrada no gótico primitivo, presenta na fachada norte un Pantocrátor de trazado arcaizante.
A espadana é unha obra posterior, concretamente do 1860, feita polo construtor sarriao Francisco Castiñeira.
Contén algún elemento románico, ademais de arcos e portas góticas, A ábsida é de traza románica de transición, con tramo rectangular e cabeceira semicircular, con bóveda de canón e cuarto de esfera, respectivamente.
No frontispicio ten unha porta gótica, e no muro norte ábrese unha porta de transición con elementos arcaizantes. Esta ten arco lixeiramente apuntado, formado por arquivolta de baquetonilla, chapiteis con follas e bastóns e unha cabeza humana. No tímpano vese, para uns autores a figura de Cristo en Maxestade, e para outros a de Melquisedec, e mesmo a do rei David, en actitude de bendecir, con inxenuos trazos, no medio de árbores esquematizadas, rematados por unha cruz grega (cruces inscritas en círculos); os canzorros da parte norte representan cabezas humanas, rolos, rosetas e puntas de cravo. Nesta fachada hai numerosos signos lapidarios. Son notables as ferraxes ornamentais, tamén de época medieval, existentes na porta norte.
Las campanas 2 campás.
2 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2022-07-14

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Campá menor (2)17875596
Campá maior (1)BLANCO PALACIOS, ANTONIO (MONDOÑEDO)188565159
  • Registro reducido (PDF)
  • SARRIA: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 28-06-2024 ✱ 083038@gmail.com