Campanas de México

Santa Olaia de Soaserra - CABANAS (GALICIA)

Registro de las campanas

Santa Olaia de Soaserra - CABANAS (GALICIA)

O Igrexario
15612 CABANAS
Época construcción Século XIX.
Descripción Igrexa parroquial do século XIX. Situada un contorno rural, nos seus arredores atópase a casa reitoral. Conta cunha pequena capela cadrada anexa polo lado sur. Consta unha inscrición: "SE HIZO EL AÑO DE 1856". Merece visitala para contemplar o retablo policromado que un día estivo na igrexa prioral de San Xoán de Caaveiro. O retablo foi mandado realizar, por mandato do prior Carlos Cipriano Magadan, en 1705, e foi dourado en 1711. É un retablo barroco de columnas salomónicas, decoradas con motivos vexetais, que contén, no piso inferior, un sagrario, con adornos de pombas e o escudo real na pechadura, e as imaxes de San Agustín, San Xoán Bautista e Santa Eulalia; e, no piso superior, a Virxe co Neno, Santo Tomás, San Pedro e os emblemas do mosteiro; Agnus Dei, corazón en chamas e escudo real. Montero Aróstegiu dinos que contiña a imaxe de Santa Isabel, raíña de Hungría.
Las campanas 2 campás.
1 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2022-07-23

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Campá maiorBLANCO PALACIOS, ANTONIO (MONDOÑEDO)1877
Campá menor.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)1922
  • Registro reducido (PDF)
  • CABANAS: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 07-07-2024 ✱ 083038@gmail.com