Campanas de México

Igrexa de Santa María de Baio - ZAS (GALICIA)

Registro de las campanas

Igrexa de Santa María de Baio - ZAS (GALICIA)

Lugar de Baio pequeno, 25
15150 ZAS
Descripción A Igrexa de Santa María de Baio ten planta de salón formada por unha nave rectangular e unha capela maior. A sancristía apégase ao muro leste do presbiterio. A capela maior cóbrese cunha bóveda de canón, protexida por un arco faixón na súa parte central, como é habitual na zona. Un arco triunfal comunícaa directamente coa nave. Esta cóbrese con teitume de madeira, mentres que a sancristía aparece cuberta cunha bóveda de crucería nervada.
Volumetricamente ó exterior diferéncianse tres volumes, claramente en xustaposición: nave, presbiterio e sancristía. Os dous primeiros con tellados a dúas augas e o terceiro con tellado a tres vertentes.
A fachada, de cantería, ten un grande interese formal xa que a súa porta principal aparece enmarcada por unha dobre orelleira. Esta posúe molduras entrantes e saíntes que lle outorgan gran plasticidade. Como edificio barroco, a cornixa mixtilínea acentúa o movemento, o que tamén contribúe a fornela que alberga á Virxe titular.
A espadana móstrasenos sobre unhas cornixas de sinxelas molduras. Está formada por un único corpo composto por dous arcos de medio punto sobre grandes pilastras. Balaústres de pedra completan o xogo de claroscuros, predominantes nesta fachada. Un frontón triangular aberto no centro remata o frontispicio.
Las campanas 2 campás.
2 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2023-08-26

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Campá menor (1)CABRILLO MAYOR, JOSÉ (SALAMANCA)1944
Campá maior (2)CABRILLO MAYOR, JOSÉ (SALAMANCA)1944
  • Registro reducido (PDF)
  • ZAS: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 28-06-2024 ✱ 083038@gmail.com