Campanas de México

Igrexa de Santa María de Leboreiro - MELIDE (GALICIA)

Registro de las campanas

Igrexa de Santa María de Leboreiro - MELIDE (GALICIA)

Lugar de O Leboreiro, s/n.
15809 MELIDE

Descripción A igrexa de Santa María de Leboreiro é gótica, aínda que persisten nela concepcións e motivos ornamentais característicos do Románico. Ten nave rectangular e ábsida circular. Salienta pola súa portada principal, con arco e arquivolta oxivais. No tímpano aparece esculpida en altorrelevo a Virxe, sedente e coroada sostendo o Neno con ambas as mans, que pousa de pé sobre a perna esquerda da mai. A unha e outra beira aparecen esculpidos en baixorrelevo anxos que achegan filacterios e incensarios. Os capiteis das columnas da portada representan basiliscos.

O acceso ao presbiterio faise a través dun arco triunfal de medio punto. No testeiro da nave hai un Agnus Dei, formado por un carneiro e unha cruz acrótera. O aleiro da ábsida está ornamentado por unha serie de canzorros con figuras e cabezas humanas e de animais e no lateral sur temos uns canzorros sinxelos, dous deles decorados con cunchas de vieiras.
No interior da igrexa achamos unha interesante colección de escultura relixiosa de varias épocas e estilos. No muro lateral esquerdo hai unha imaxe da Virxe sedente, co Neno no colo, en madeira policromada, talvez do século XIV. Tamén se conserva un panel de pintura mural realizada no segundo terzo do século XVI, coas representacións da Flaxelación de Xesús, a Visitación de Santa Isabel e o Martirio de San Sebastián. A parede do arco triunfal ten restos pictóricos dun Cristo crucificado.
Las campanas 1 campá.
4 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2023-11-20

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Única.DE LA SOTA, JUAN MARÍA19074553
  • Registro reducido (PDF)
  • MELIDE: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 09-07-2024 ✱ 083038@gmail.com