Campanas de México

Ermida de Santiago - VEDRA (GALICIA)

Registro de las campanas

Ermida de Santiago - VEDRA (GALICIA)

Lugar de Laraño, O Outeiro, 1
15885 VEDRA
Época construcción Século XVII.
Descripción Capela feita no ano 1676, segundo inscrición da entrada, de planta rectangular e feita a base de muros de cachotería, agás en esquinais, que leva perpiaño. Tellado a dúas augas con cuberta de tella do país. Fachada con porta alintelada e un van central de extremos con pezas de sillería con derrame. Remata por enriba con adornos de pináculos e espadana de oco con arco para a campá, molduras saíntes e cruz de forxa na cimeira. Diante da capela hai un espazo rodeado dun muro a modo de pequeno adro. Riba da porta unha inscrición coa data do traslado da fonte, 1724, dende o sitio no que estaba orixinalmente ao seu sitio actual detrás da capela, e que conta con dúas figuras do desaparecido coreo pétreo da catedral de Santiago e nunha inscrición gravada na pedra coa lenda do traslado do apóstolo erelacionada cos bois bravos da raíña Lupa, que amansaron e levaron o carro co corpo do santo ata Compostela. Levantaríase o templo no lugar deste feito milagroso.
Moi preto deste lugar está o albergue de peregrinos de Vedra.
Las campanas 2 campás.
2 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2023-06-25

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Menor.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)19304037
Maior.LISTE PEREIRAS, JUAN (PARROQUIA DE ORAZO)18915072
  • Registro reducido (PDF)
  • VEDRA: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 30-06-2024 ✱ 083038@gmail.com