Campanas de México

Igrexa de Santiago de Ameixenda - CEE (GALICIA)

Registro de las campanas

Igrexa de Santiago de Ameixenda - CEE (GALICIA)

Lugar da Igrexa, 23.
15299 CEE
Descripción Igrexa de planta rectangular dunha soa nave coa sancristía apegada ó muro leste. A capela maior, de grandes dimensións e planta rectangular, cóbrese con bóveda de canón reforzada mediante un arco faixón. A nave central, logo da restauración, presenta unha cuberta sostida por cimbras de madeira. Os autores da restauración coidaron especialmente a fábrica barroca ó colocar dita cuberta. Ós pés aparece un coro alto de madeira, con acceso dende unha escaleira, tamén do mesmo material e situada no muro sur. A ábsida cóbrese ó exterior cun tellado a dúas augas ó igual ca nave central. Os materiais empregados son cantería granítica e cachotería no exterior da capela maior.

A fachada segue un esquema compositivo pentagonal na súa parte central. Un eixo vertical domina a súa composición e divídea en dúas partes simétricas. Segue un tipo usual na zona: o superpoñer nunha secuencia formal á principal, unha pequena fornela e unha pequena ventá.

Sobre o muro sur levántase a torre das campás con dous corpos, o inferior formado por catro arcos de medio punto sobre piares; o superior forma o remate da torre e ten forma piramidal.

No ano 1957 as reformas dan lugar a unha estrutura en tres naves, ó derriba-los muros primitivos e amplia-la capacidade do templo mediante dúas naves laterais. A reforma actual cambiou a estrutura da planta converténdoa nun plan basilical dunha soa nave.

No interior é interesante o retablo maior por estar realizado en granito. É de estilo barroco e está presidido por unha imaxe sedente do apóstolo Santiago como corresponde a un templo da ruta de peregrinación a Compostela.
Las campanas 2 campás.
1 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2023-09-04

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Menor.LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO)19064760
Maior.VILLANUEVA SÁENZ, FERNANDO195662138
  • Registro reducido (PDF)
  • CEE: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 09-07-2024 ✱ 083038@gmail.com