Campanas de México

Igrexa de San Cristovo de Dombodán - ARZÚA (GALICIA)

Registro de las campanas

Igrexa de San Cristovo de Dombodán - ARZÚA (GALICIA)

Lugar de Dombodán, s/n.
15819 ARZÚA
Época construcción Século XVIII.
Descripción Igrexa construída no século XVIII, dunha soa nave de planta rectangular máis estreita na zona onde vai o altar e a sancristía. Tellado a dúas augas e con caída na zona da cabeceira cunha auga máis. A cuberta é de tella do país. Os muros están feitos de cachotería e perpiaño de granito. A fachada é de estilo barroco compostelán, con porta alintelada de xambas resaltadas en relevo a modo de marco e con orelleiras nas esquinas superiores. Sobre esta, unha cornixa da que se eleva un frontón curvo, e partido na parte central para aloxar unha fornela con cúpula imitando á forma de cuncha de vieira, onde vai a imaxe do patrón da parroquia, San Cristovo. A ambos lados, dúas fornelas máis pequenas na que se poden ver outras dúas figuras. Un santo con hábito á dereita, posiblemente San Pedro, e unha santa con manto e coroa á esquerda. No medio da fachada un van, con marco resaltado en curva, dá luz ao interior do templo, e enriba del, unha base rectangular no centro do hastial dá paso a unha espadana de dous ocos con arcos de medio punto entre tres columnas caixeadas. Adórnase con cornixas moi resaltadas e na cima cun gablete que se coroa con pináculo de copa cun cruz de forxa no bico, e aos lados dous pináculos de bóla.
Las campanas 2 campás.
3 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2023-10-29

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Menor.BLANCO RUCABADO, FRANCISCO ANTONIO18015596
Maior.PALACIO, DÁMASO184470199
  • Registro reducido (PDF)
  • ARZÚA: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 09-07-2024 ✱ 083038@gmail.com