Campanas de México

Igrexa da Santa Cruz da Veiga de Cascallá - RUBIÁ (GALICIA)

Registro de las campanas

Igrexa da Santa Cruz da Veiga de Cascallá - RUBIÁ (GALICIA)

Lugar da Veiga de Cascallá, s/n.
32311 RUBIÁ
Descripción A igrexa de A Veiga de Cascallá, aparte da súa notable beleza exterior e da súa acolledora espiritualidade interior, ten tras de sí unha curiosa e rocambolesca historia que contribúe a reforzar a súa xa de por sí enigmático emprazamento. Corría o 3 de maio de 1959 cando as augas do río Xares asolagaron para sempre as casas de Alberguería, no concello de A Veiga do Bolo. Ó pecharse as comportas da nova presa e formarse o encoro de Prada, casas e enseres máis queridos quedaron abnegados en aras a non se sabe qué historia de progreso e modernidade. Nada se salvou daquel recordado pobo, tamén coñecido como «a ribeira da montaña» pola fertilidade das súas terras e a riqueza das súas xentes. Non se conserva nada do antigo pobo agás a súa igrexa que con sumo esmero e coidado, pedra a pedra previamente numeradas, foi trasladada ata o tamén pequeno pobo de A Veiga de Cascallá. ¿Por qué esta localidade de Rubiá?. Opinións hai para todos os gustos, dende que se cree que foi por equivocación ata quen pensa que a decisión foi mui pensada e valorada, é dicir, «con alevosía e premeditación». Os artífices da idea: o párroco de Alberguería -Arsenio López García-, co visto bo do obispo de Astorga, José Casteltort; os executores, os empregados da empresa Moncabril que trasladaron, unha a unha, todas as pedras e os beneficiados, -os veciños de A Veiga- que, por erro ou sin erro, poden disfrutar deste fermoso templo. No adro, suxeitas ás paredes laterais, hai dúas placas que nos indican: unha, o traslado desta igrexa parroquial dende Alberguería ata A Veiga e a outra, cómo Salvador Alejandre Fernández, emigrante do lugar en Sudamérica, o 1 de xaneiro de 1959 donou un reloxo colocado na torre para que os veciños do pobo se lembrasen del cando oísen soar as horas.
Las campanas 1 campá.
3 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2023-12-04

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Única.CABRILLO, CASA (SALAMANCA)75244
  • Registro reducido (PDF)
  • RUBIÁ: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 09-07-2024 ✱ 083038@gmail.com