Campanas de México

Igrexa de Santa Uxía de Mandiá - FERROL (GALICIA)

Registro de las campanas

Igrexa de Santa Uxía de Mandiá - FERROL (GALICIA)

Bustelo, s/n.
15595 FERROL
Época construcción Século XIX.
Descripción A igrexa de Santa Uxía de Mandiá é un dos máis grandes templos parroquiais situados no territorio rural do concello de Ferrol.
Construída no século XIX, a súa estrutura arquitectónica é de planta rectangular, con dous corpos pequenos acaroados nos muros meridional e setentrional. Os muros son de carga (realizados en cachotería con elementos reutilizados da antiga igrexa) e sobre eles apoia una cuberta a dúas e catro augas, cunha cubrición de pranchas de fibrocemento. Cara ao exterior, o eficio transmite un rico xogo compositivo proveniente da distinción volumétrica de cada un dos seus corpos. A fachada principal reúne a maior parte dos elementos ornamentais, desenvolvéndose en composicións xeométricas e xogos de simetría que avanzan dende un barroco clasicista cara ao eclecticismo.
Interiormente destaca a amplitude do templo, no que xoga un importante papel a altura deste, por ser algo inusual nesta área xeográfica. A estrutura aérea da nave é plana, do mesmo xeito que a do presbiterio. O seu espacio interior desenvólvese nunha soa nave, dúas pequenas capelas laterais, presbiterio e, tras deste, una sancristía, á que tamén pode accederse dende o exterior.
A última intervención que se fixo no inmoble foi propiciada por don Andrés Fernández Muíños, cura párroco do templo, entre os anos 1971 e 1972.
Las campanas 2 campás.
2 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2023-12-15

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Menor.BLANCO, SERAFIN18564553
Maior.MENÉNDEZ, FRANCISCO, NARÓN (GALICIA)189360125
  • Registro reducido (PDF)
  • FERROL: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 28-06-2024 ✱ 083038@gmail.com