Campanas de México

Igrexa de San Xiao de Landrove - VIVEIRO (GALICIA)

Registro de las campanas

Igrexa de San Xiao de Landrove - VIVEIRO (GALICIA)

Lugar da Igrexa, Landrove, s/n.
27867 VIVEIRO
Descripción A igrexa primitiva era románica. Hoxe en día tan só quedan restos deste estilo. O presbiterio reedificouse no ano 1654, sendo mestre de obras Pedro González. No ano 1915, derradeira reforma, que afectou ó frontis.
Fachada principal con tres tramos separados por pilastras adousadas ó muro; nos laterais, xanelas enmarcadas por sillares no central, porta alintelada cunha celosía de pedra.
Muros de pizarra, angulares de sillería. Teitume de madeira e tellado e barrotiño de pizarra.
A porta do muro norte da nave presenta, polo interior, arco lixeiramente apuntado, polo exterior, alintelada.
Unha saeteira con derrame interior e arco redondeado polos dous lados racha o muro meridional.
No alzado sur exterior, alpendre a dúas vertentes sobre dous pilares prismáticos, con pavimento de cantos rodados.
Espadana de dous corpos con vans de arcos de medio punto e tres campás, ornamentación de pirámides emboladas.
O interior do templo consta dunha nave rectangular, capela maior e sancristía. Na nave, restos da estrutura románica, principalmente no alzado da parte sur, no que se ven uns sete canzorros de cabezas humáns.
Capela adousada á nave á que se accede por un arco de medio punto sobre pilastras.
Las campanas 3 campás.
1 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2024-04-09

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Campá (1)MANCLÚS, SALVADOR19752813
  • Registro reducido (PDF)
  • VIVEIRO: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 28-06-2024 ✱ 083038@gmail.com