Campanas de México

Concatedral de San Xiao - FERROL (GALICIA)

Registro de las campanas

Concatedral de San Xiao - FERROL (GALICIA)

Descripción O Beato Xoán XXIII, cunha bula de data 9 de marzo de 1959, establece a dobre capitalidade da diocese, Mondoñedo e Ferrol, concedéndolle tamén á Igrexa de San Xiao da cidade departamental o título de Concatedral. No ano 1959 ten lugar en Ferrol a inauguración oficial da Igrexa de San Xiao como Concatedral. E será a partires dese ano cando a diocese, con dúas sés, pasará a chamarse de Mondoñedo-Ferrol.
A Igrexa de San Xiao está dedicada ao patrón da cidade. Foi construída a finais do século XVIII segundo proxecto do enxeñeiro e arquitecto de mariña Julián Sánchez Bort en 1766, substituíndo á primitiva igrexa románica.
Está construída cun estrito estilo neoclásico, con planta de aspecto cruciforme e organizada ao redor dunha cúpula que se sustenta por catro grosos alicerces jónicos á que se abren sendas capelas cubertas de bóveda de canón e bóvedas caídas ao exterior.
O conxunto áchase flanqueado por dúas esveltas torres con catro vans baixo arcos de medio punto. O exterior das cúpulas que rematan as torres está realizado en sillería granítica.
A festa de San Xiao é o 7 de xaneiro
Graffitti Na reixa e acceso ao templo hai unha cruz patriarcal e embaixo di "PARROQUIAL / DE / SN JULIAN / DE / FERROL / 1772"
No adro do templo hai unha lápida de pedra que di
A LA GRATA MEMORIA DE
D N. MANUEL MONTES MÉNDEZ,
SACERDOTE EJEMPLAR Y PÁRROCO CELOSÍSIMO
QUE FUÉ DE ESTA IGLESIA 1917-1927
CARIÑOSO HOMENAJE Y PIADOSO RECUERDO
QUE SUS DEVOTOS Y ADMIRADORES LE TRIBUTAN.

Hai tamén outra placa, de bronce fundido, onde pon
(Escudo pontifical: tiara e dous chaves)
ELEVADO ESTE TEMPLO PARROQUIAL DE SAN JULIAN
A LA DIGNIDAD DE CONCATEDRAL Y SEDE EPISCOPAL
DE LA DIOCESIS MINDONIENSE-FERROLANA POR
S. S. JUAN XXIII
EJECUTADA LA BULA PONTIFICIA POR EL SR. NUNCIO APOSTOLICO
D. HILDEBRANDO ANTONIUTTI EL 14 DE AGOSTO DE 1959 CON GRANDE
GOZO DE ESTA CIUDAD, EL OBISPO DE LA DIOCESIS D. JACINTO ARGAYA
GOICOECHEA CELEBRO EN ESTA CONCATEDRAL LA PRIMERA MISA DE
PONTIFICAL CON ASISTENCIA DE LOS EXCELENTISIMOS SEÑORES
D. FRANCISCO FRANCO BAHAMONDE, JEFE DEL ESTADO ESPAÑOL
HIJO PRECLARO DE EL FERROL, Y DOÑA CARMEN POLO DE FRANCO
ACOMPAÑADOS POR LOS SRES. MINISTROS DE LA GOBERNACION D. CAMILO
ALONSO VEGA, FERROLANO, Y DE MARINA D. FELIPE ABARZUZU, SIENDO
CAPITAN GENERAL DEL DEPARTAMENTO EL ALMIRANTE D. PEDRO
FERNANDEZ MARTIN Y ALCALDE DE LA CIUDAD D. JOSE MA LOPEZ RAMON.
PARA PERPETUA MEMORIA DE ESTE FELICISIMO ACONTECIMIENTO.

Nunha porta, con pintura vermella, di "J. P. C."
Conservación actual O conxunto está en avanzado proceso de abandono, con risco de caída das dúas campás maiores a medio prazo.
Hai un perigo inminente de rotura das dúas campás maiores, xa que os badalos son desproporcionados e pegan demasiado baixo.
Protección A Catedral carece de protección específica como monumento.
Las campanas A catedral conta con dous conxuntos ben diferenciados de campás. Na torre das campás hai tres, que probablemente puideron voltear nas súas orixes, pero que nos últimos corenta ou cincuenta anos foron soamente tocadas co badajo para grandes ocasións.
A campá menor conta con cigüeñal para o volteo, contrapeso de ferro e foi fundida por Manuel QUINTANA en 1959, así como a campá mediana, fundida polo mesmo en 1961, aínda que conservando o contrapeso de madeira orixinal e anterior.
A campá maior é obra de Juan María da Sota de Lugo, fundida en 1898 e tamén cun contrapeso de madeira impoñente e probablemente anterior.
Toques tradicionales Probablemente a campá pequena utilizábase para as misas diarias, e as outras dúas, tocadas desde abaixo, para os sinais de diario, os toques de defuntos e as misas maiores, subindo á torre soamente para repicar, con forza, para as procesións e outras festas maiores.
Toques actuales As campás tócanse manualmente, desde a mesma sala de campás, para as dúas ou tres procesións anuais máis importantes, así como para toques de defuntos extraordinarios, como a morte do último papa.
Actuaciones Non hai actuacións recentes na Catedral.
Bibliografía (se puede ordenar por autor o por año)
Autor y títuloAño
FERRÁNDEZ, Guillermo - O ploro, mellor aberto 2011

Vídeos de toques de campanas

IntérpreteVídeoFechaDuración
ANTELO LAMAS, ANDRÉSReloxio da Concatedral de San Xiao, Ferrol15-05-202100:32
42 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor LLOP i BAYO, Francesc
Actualización 2020-04-24

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Xesus, María e José (1)QUINTANA SAGUILLO, MANUEL19594656
San Xiao menor (2)QUINTANA SAGUILLO, MANUEL1961105670
San Xiao maior (3)DE LA SOTA, JUAN MARÍA18931291243
Campá do reloxo (A)17975386

Relojes

Relojes

Reloj mecánico (1)
Autor del relojANTELO LAMAS, ANDRÉS
Empresa de mantenimientoANTELO LAMAS, ANDRÉS
Fecha construcción 1880ca
Descripción del reloj Hai un reloxo mecánico, que foi modificado para dotalo de remontaje eléctrico. No día da toma de datos estaba parado por revisión.
A porta de acceso ao reloxo está pechada con chave, como é habitual.
Na sala do reloxo hai diversos carteis de carácter técnico: "¡¡PELIGRO!! / NO TOCAR LA PALANCA / NI EL INTERRUPTOR / CORTAR LA CORRIENTE SOLO / EN CASO DE AVERIA" / "FENYA / FABRICACIONES ELECTRICAS / NAVALES Y ARTILLERAS S. L. / EL FERROL DEL CAUDILLO".
Tamén as rodas e engrenaxes están numerados.
Mostra do reloxo: os números romanos son modernos (tradicionalmente ponse a metade inferior cara abaixo).
En 2021 segue funcionando
Tipo reloj 1
Existencia del reloj 1
Funcionamiento del reloj 2
Editor LLOP i BAYO, Francesc
Fecha 27-07-2022
Fotos del reloj
  • Registro reducido (PDF)
  • FERROL: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 28-06-2024 ✱ 083038@gmail.com