Campanas de México

Ermida de Montetorán en Bamiro - VIMIANZO (GALICIA)

Registro de las campanas

Ermida de Montetorán en Bamiro - VIMIANZO (GALICIA)

Descripción O santuario da Nosa Señora de Montetorán, en Bamiro, é un bo exemplo dos tantos que hai por toda Galiza no alto do cume dun monte ou dun outeiro. Por seren considerados un lugar satánico e maldito, normalmente se sacralizaron coa construción dunha pequena ermida. Esta data do século XVIII, coas características propias deste estilo: un presbiterio cuadrangular, con teito cara ao centro e unha pequena nave rectangular de menor altura có presbiterio. Esta última é a parte máis antiga da capela, datable na primeira metade do XVIII. Vai cuberta por unha sinxela bóveda de cruzaría nervada, sobre mensuliñas. A nave vai cuberta cunha bóveda de canón, reforzada por dous arcos faixóns volteados sobre ménsulas. A capela maior comunícase coa nave a través dun arco triunfal de medio punto volteado sobre pilastras apegadas. No exterior, o presbiterio cóbrese cun tellado a catro augas e a nave a dúas vertentes (a do lado sur alóngase para cubrir o pórtico lateral dese lado). As paredes están formadas de bloques graníticos de corte moi irregular. As xuntas encintáronse e caleáronse. A fachada é de cantería con pezas de corte irregular pero dispostas simetricamente ao redor dun eixe central vertical imaxinario. Neste eixe superpóñense a porta de entrada, un fornelo rematada en medio punto que acolle unha imaxe da Piedade sobre unha vieira, e a espadana, dun só corpo de dous machóns onde se sitúa unha campá protexida por unha reixa de ferro. O lugar presuntamente máxico onde se encrava esta ermida, rodeada por unha carballeira e por grandes laxes graníticas, fai que sexa un lugar de peregrinación e rituais de cura de doenzas. WIKIPEDIA (06-03-2017)
Bibliografía (se puede ordenar por autor o por año)
Autor y títuloAño
MURADO, Miguel-Anxo - As campás roubadas2017
REDACCIÓN - Rouban a campá da Capela de Monte Torán2016
2 Fotos del campanario
Editor ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc
Actualización 2017-03-06
  • Registro reducido (PDF)
  • VIMIANZO: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 30-06-2024 ✱ 083038@gmail.com