Campanas de México

Igrexa de San Fiz de Quión - TOURO (GALICIA)

Inventario de campanas

Igrexa de San Fiz de Quión - TOURO (GALICIA)

Campanas actuales

Menor.


Localización Torre-campanario
Diámetro 80
Peso aproximado 296
FundidorCAGIGAL PEREDO, JOAQUÍN DE
Año fundición 1833
Descripción Campá menor pendurada do oco esquerdo da torre-campanario. Fundida en 1833 por Joaquín de Cagigal en San Pedro de Vilar, Pontedeume (A Coruña).Ten unha medida estimada duns 80 cm de diámetro.
Inscripción tercio 2 cordóns /
IHS MARIA Y JOSE ANO D 1833 /
2 cordóns.
Inscripción medio Presenta unha cruz con pedestal de sete chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior vexetal (pétalos). Os brazos teñen remates a modo de potenzada. Catro cravos saen do cruce de brazos. Un cordón ancho cingue pola metade da stipes.
Inscripción medio pie 3 cordóns.
Yugo Xugo de madeira.
Mecanismos para tocar Badalo cunha corda.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Fecha 17-03-2024
5 Fotos
  • Volver a la página anterior

    Maior.


    Localización Torre-campanario
    Diámetro 100
    Peso aproximado 579
    FundidorLISTE PEREIRAS, JUAN (PARROQUIA DE ORAZO)
    Año fundición 1887
    Descripción Campá maior pendurada do oco frontal da torre-campanario. Fundida en 1887 por Juan Liste en Orazo, A Estrada (Pontevedra).Ten unha medida estimada dun metro de diámetro.
    Inscripción tercio 2 cordóns /
    JHS Mᴬ Y JOSE Sᴺ MARTIN Y S.ᵀᴬ BARBARA ANO D 1887 ѧ /
    2 cordóns.
    Inscripción medio Presenta unha cruz con pedestal de cinco chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior vexetal (pétalos). Os brazos teñen remates a modo de potenzada. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
    Inscripción medio pie 2 cordóns /
    inscrición /
    2 cordóns.
    Yugo Xugo de madeira.
    Mecanismos para tocar Badalo cunha corda.
    Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
    Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
    Editor TROIANO CARRIL, Xosé
    Fecha 17-03-2024
    2 Fotos
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 08-07-2024 ✱ 083038@gmail.com