Unha inscrición achada na peza fai pensar que podería ter pertencido ao bergantín «Ceres», construído en 1810
A restauración deixou ao descuberto esta inscrición - Autor: CUBA, Ana F.
A Asociación de Amigos de San Xiao do Trebo, en Cariño, restaurou a campá da ermida, que o sábado volverá soar na tradicional romaría. O ano pasado os asistentes botaron en falta o son da campá durante as funcións relixiosas e, sobre todo, na procesión. «Debido ao paso dos anos, desprendéraselle o badajo o inverno anterior, sen que ninguén se preocupase da súa reparación», explican desde o colectivo.
San Xiao do Trebo promoveu a restauración da campá, moi deteriorada, coa colaboración do Concello «e a desinteresada axuda do taller mecánico Os Marcelos, de Cariño». Construíron un novo xugo de madeira de castiñeiro, recuperado dunha antiga viga, e instalaron un badajo orixinal.
Durante a rehabilitación descubriuse unha inscrición, Brig Ceres Ad 1810, o que, sosteñen desde a asociación, «fai pensar que pertenceu no seu día a un bergantín chamado Ceres, construído en 1810». O colectivo está a tratar de recompilar información acerca do orixe da peza e de como chegou ás estribaciones do cabo Ortegal. A campá volveu á espadana da ermida.
CUBA, Ana F.
La Voz de Galicia (23-01-2014)
Campanas de México ✱ Actualización 09-07-2024 ✱ 083038@gmail.com