| Descricion |
A igrexa parroquial conserva elementos da súa primitiva fábrica románica, da segunda mitade do século XII. Sufríu transformacións importantes. Da primitiva construción só se conservan a portada e o arco triunfal. O templo actual érguese sobre planta rectangular, cuberta a dúas augas na nave e a catro no presbiterio, sobre armadura de decorado. Arco de medio punto formado por dúas arquivoltas de baquetón. Dous pares de columnas soportan as arquivoltas e presentan fustes monolíticos, plintos lisos e capiteis vexetais con dous corpos de follas en bolas e volutas. O arco triunfal é de medio punto. Ten gran riqueza ornamental. Sobre o muro testeiro da nave áchase unha cruz de pedra con inscricións, que parece que procedía da primeira espadana, remprazada pola actual barroca con singular frontón curvo partido por un pináculo.
|
---|
Campás |
2 campás. |
---|
AutorPXOM de Paradela (10-04-2007) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (18-02-2024) MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (18-02-2024) |
|