Inventario de Campás

Igrexa de Santa María de Cuíña - OZA-CESURAS (GALICIA)

(Referencia: 9797)
O Piñeiro, s/n.
15389 OZA-CESURAS


Data de construción Século XIII.
Descricion A igrexa de Cuíña é un templo románico de principios do século XIII, dunha soa nave con ábsida semicircular, e sancristía apegada na fachada sur. De dimensións reducidas, posúe dúas portas de acceso, unha na fronte e outra no muro lateral dereito. A entrada á ábsida realízase interiormente por medio dun arco triunfal de directriz vertical, apuntado que se apoia sobre semicolumnas apegadas con capiteis decoradas con follas de volutas. A ábsida está organizada con tres vans e dous estribos e cada van posúe unha estreita saeteira. Debaixo de cada saeteira ten unha pedra cuns animais esculpidos. O conxunto da igrexa está construído con cantería de boa factura e cachotería. No interior, o coro e a cuberta utilízase o forxado de madeira. hai que sinalar tamén, a utilización de pavimento de terrazo en substitución do lousado de granito orixinal.
A fachada é resultado da modificación barroca, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba mediante unha portada en arco apuntado de finais do século XVIII. Sobre o ingreso vai un oco semicircular e, rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana de dous coorpos flanqueado por dous pináculos piramidais. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e que serven pra aloxa-las campás. Separado dun gran beirado, o segundo corpo fórmao un frontón triangular curvo cun oco circular no medio. Está flanqueado por dous pináculos moldurados con bola e coroado por outro pináculo moldurado rematado con bola.
A mediados do ano 1971, o renovar un retablo da nave, descubríronse unhas pinturas murais, ocultas ata entón por varias capas de caleado. Ó ano seguinte, a Fundación Juan March subvencionou os gastos de limpeza e fixación das pinturas. As pinturas foron realizadas no século XVI e nelas ilústranse escenas bíblicas.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (10-04-2018)
  • Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos)

    AutorTítuloData
    TROIANO CARRIL, XoséSanta María de Cuíña2018
    2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 06-03-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaCampá pequena (1)PALACIO; LISTE (CASTROVITE) (PARROQUIA DE ORAZO)18645491
    EspadanaCampá grande (2)BLANCO, EMILIO; MENÉNDEZ, FRANCISCO186960125

  • Ficha reducida (PDF)
  • OZA-CESURAS: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 28-03-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 90 Visitants: 90 Usuaris: 0