As Campás de Cerponzons

As Campás de Cerponzons, Manifestación Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial. ( Cerponzons, 1000 anos de historia).

O pasado mércores 17 de Abril celebrouse Consello de Ministros, a proposta do ministro de Cultura e Deporte, José Guirao, declarouse o 17 de abril o 'Toque Manual de Campás' como Manifestación Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial.

Nun comunicado o Ministerio de Cultura e Deporte di que o Toque Manual de Campás é unha "linguaxe sonora", que funcionou ao longo dos séculos como un medio de comunicación, debido a que "cumpre as funcións sociais de informar, coordinar, delimitar o territorio e protexer".

"Os toques de campás foron os encargados de organizar a vida comunitaria, de delimitar o tempo e o espazo laboral, diario, festivo e de duelo", sinala o Ministerio.

Segundo destaca o departamento que dirixe Guirao, por iso existe, tanto no ámbito relixioso como no civil, un amplo repertorio cunha gran diversidade de formas e técnicas que anunciaron incendios, tormentas, rogativas, horas e acontecementos do ciclo vital, e regularon diferentes aspectos da vida festiva, ritual, laboral e cotiá.

Entre os motivos desta declaración, destaca que, aínda que o toque manual de campás deixou de executarse en moitos lugares, aínda non se perdeu o seu coñecemento e moitas torres e campás atópanse aínda en situación de poder ser recuperadas.

A Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzons, que está levando a cabo o Milenario da Parroquia, quere facer chegar o noso recoñecemento ao querido veciño José Luis Barragans Lorenzo, máis coñecido por "Lis", actual sancristán e campaneiro da Parroquia de Cerponzons, polo seu labor ao longo de tantos anos tocando a campana e así poder conservar esta " linguaxe sonora ", unha tradición de séculos.

Coñécese ao sacristán por ser o cuidador da igrexa e do que engloba esta, o oficio de sacristán vén de moi antigo, aínda que non estivo recoñecido ata o século XIII cando o Papa Gregorio IX no seu escrito “De officio sacristae” recoñéceo como un oficio honroso e renumerado, un pouco máis tarde definiu as súas funcións e prescribiu que fose un sacerdote quen realizase esa función.

Nas nosas parroquias o sacristán tiña entre as súas funcións o tocar as campás a oficios, festas, reunións, lume, desastres etc. En moitos lugares ata tocaba as campás no verán para intentar romper as nubes e evitar o granizo con fortes repiques.

Normalmente este oficio de sacristán exercíao unha familia da parroquia, era un traballo que se ía transmitíndose de xeración en xeración e polo xeral tiñan que ser varóns.

Aínda que o toque manual de campás deixou de executarse en moitos lugares, a nosa Parroquia de Cerponzons, grazas a Lis segue mantendo este Patrimonio Cultural.

Dado que a paulatina mecanización producida desde mediados do século XX, que ademais substituíu en ocasións moitas das campás por gravacións, nos esperamos que non chegue á nosa Parroquia e desexamos que siga realizándose manualmente por muitos anos máis.

Tamén queremos enviar o noso agradecemento e felicitación aos irmáns Losada Barreiro, José, Santiago, Juan, Javier e Alberto, todos eles antecesores do noso actual campaneiro Lis, e que grazas a eles os toques das campás na nosa Parroquia non deixaron de escoitarse o longo de tantos anos.

ESPERÓN RECARY, Juan José
ASC. VECIÑOS O CHEDEIRO DE CERPONZONS

PonteVedra Viva (20-04-2019)

  • Igrexa parroquial de San Vicente de Cerponzóns - PONTEVEDRA: Campás, campaneiros e toques
  • PONTEVEDRA: Campás, campaneiros e toques
  • BARRAGANS LORENZO, JOSÉ LUIS "LIS" (CERPONZÓNS) (PONTEVEDRA) : Toques e outras actividades
  • Campaneiros: Bibliografía
  • Protección legal de campanarios e campás: Bibliografía

     

  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © PonteVedra Viva (2019)
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 20-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 73 Visitants: 72 Usuaris: 1 - francesc