Nosa música: Campás


Teófilo Prol, "O Parrulo" (1909-1985) - Autor: XUNQUEIRA DE AMBÍA

O instrumento

Na torre da Ex-Colexiata de Xunqueira de Ambía ubicanse catro campás, duas maiores - a Maior e a Campá de Bambear, que bambea xirando arredor do seu eixe- e duas menores, tamen usadas polo reloxio para da-las horas -a Campá dos Cuartos e a Campá das Horas, tamen chamada ésta Campá do Reloxio por estar situada enriba da esfera do mesmo-.

Adicionalmente hai unha campá mais -practicamente en desuso- na torre primitiva, unha torreta circular integrada na propia igrexa e a que se accede por unha escaleira construida no interior do muro sobre o que se situa.

A tradición

Os diversos toques situan a súa orixe na tradición monástica de Xunqueira e no seu servicio a comunidade. De ahi nacen as diferentes variedades de toques, dos que se teñen rexistrados 32, que respostan a cada un dos momentos específicos da vida social e relixiosa, podendo diferenciarse en dous grupos ben definidos, segundo correspondan a motivacións relixiosas ou sociais. Asi, dentro do primeiro grupo poden ser nomeados os toques da Alba, Ánxelus, Prima (ou da Misa da Prima), Rosario, Vésperas, Solemne, Badeladas, etc., e dentro do segundo caberian os de Agonía, Difuntos, Anxeliños (neno difunto), Incendios, Tronos, Rebato (ou Redoble), etc. Por cada un segue a respetarse a súa cuidada execución, o seu alto significado e as súas precisas pautas tradicionais nunha continuidade no tempo practicamente inmutada. Asi, por exemplo, polo toque de Tronos de todo o ano o sacristán recibía dos labregos e paisanaxe un pago en especia, xeralmente millo, que hasta hai ben pouco, recollía persoalmente polas aldeas despois da colleita; Ou, por dar outro dato curioso, no toque de Agonía segue a respetarse a distinción home-muller que especificaba que para o home eran quince badeladas (en tres grupos de cinco toques cada un) e para as mulleres eran nove badeladas (en tres grupos de tres toques cada un), o que da unha clara idea de quen era mais importante ...

O intérprete

Teófilo Prol Pérez, (1909-1985), mais coñecido por lo sobrenome de O Parrulo (1), foi o sacristán da parroquia durante moitos anos, incorporando innumerales tradicións e prebendas concedidas ó persoeiro. Non só atendía as funcións propias do seu cargo sinon que asumía outras como o canto dos responsos nos enterros o carón dos curas participantes; ou acompañar ó cura na visita aos fogares por Pascua para bendecilos, cargando coa cesta para recoller os ovos con que lle agasallaban os feligreses; ou o toque de campás para alonxar as tronadas, tarefa ésta pagada polos feligreses, xeralmente en especie na forma de grao, para o que unha vez o ano recoría a parroquia co saco as costas.

Pero foi no manexo das campás e na interpretación dos diversos toques onde acadou os mais altas cumios. Dominado polo seu sonido e sintindo intensamente no mais fondo do seu ser o seu significado, soupo darlle a cada interpretación un baño de maestría e sentimento que acadou deixar unha fonda e inesquecible pegada nos que o coñecimos.

Noso Quasimodo local. Ainda que carente da súa faceta de contrafeito, moviase pola súa torre como il por las cubertas de Notre­Dame, sobreviviendo con frecuencia ás precarias condicións das escaleiras e pisos -o que non impidiu que sucumbise a un desgraciado accidente nunhas obras na igrexa que il tanto amaba-, e como il amou e entendeu perfectamente as súas campás. Do seu pasado monástico, Xunqueira herdou multitud de toques de campá, adicados a cada un Outro vello muiño no rio dos momentos da vida, tanto piadosa como vivencial ­repique, agonía, difuntos, tronos, anxeliños, ánxelus, rrebato, alba, badeladas, bambear, ...­ e todos distintos, combinando armoniosamente as distintas campás que compoñen o carrillón da torre da ex-colexiata. Chamadas de Deus e dos homes, que il convertiu, en toda unha vida de campaneiro -como función propia do seu oficio de sacristán- en canción. Melodías tenramente sentidas lanzadas o vento poos anxos, como se pode apreciar en Nosa música.


Repique de campás


Toques de Chamada á oración


Toques para ocasións especiais

Pregamos disculpas pola baixa calidade do único rexistro coñecido diste gran campaneiro.

Nota.- O meu entender, o feito de teres un "alias" non é mais que o recoñecemento por parte dos demais de unha condición relevante especial na persoa, e en casos ven a se-lo só nome polo que se lle coñece. Penso que non ten mote quen quere, senon quen pode e, en xeral, coido que ven a ser un recoñecemento de aprecio, valor ou importancia. A lo menos, é ise o senso no que os lembro.

XUNQUEIRA DE AMBÍA

(30-01-2020)

  • Mosteiro de Santa María - XUNQUEIRA DE AMBÍA: Campás, campaneiros e toques
  • XUNQUEIRA DE AMBÍA: Campás, campaneiros e toques
  • PROL PÉREZ, TEÓFILO (XUNQUEIRA DE AMBÍA) : Toques e outras actividades
  • Campaneiros: Bibliografía

     

  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 20-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 111 Visitants: 111 Usuaris: 0