Dobran as campás

E n os últimos días démonos de bruzos con varios textos onde se fala de campás. Algúns foron encontros violentos, con danos nas cargolas. Así, nunha biografía de César Borgia lemos que «as campás de Ferrara repicaban a morto», cando o repique é un tañido repetido en sinal de festa ou xúbilo. Talvez o biógrafo alegue que o tañedor pretendía mostrar alegría polo paso a mellor vida do cardeal de orixe valenciana e, entre outras cousas, fillo de cardeal.

Para anunciar un óbito, as campás tocan a morto ou dobran. É moi frecuente o emprego da expresión dobrar a morto, pero resulta redundante. Ese toque é o dobre (Deixou escrito que á súa morte se desen seis dobres na torre). Outros nomes do anuncio de morte mediante toques de campá son clamor e pousa. En León e algunhas provincias de Castela, da campá que toca a morto dise que encuerda.

O son que o campanero extrae do bronce que dobra é un talán triste e lastimero. Por iso un desconcértase ao dar con textos como este: «Dobran as campás en Roma, pero non dobran alegres para anunciar o nomeamento dun novo pontífice». Porque dobrar alegre é unha contradictio in terminis, que só podería ser aceptable como oxímoron no relato da morte de alguén moi odiado.

Estoutro, «¿Por quen tañen as campás en Roma?», é un xogo errado co celebérrimo título dunha novela de Hemingway, Por quen dobran as campás (For Whom the Bell Tolls), que o escritor norteamericano tomou dunha meditación de John Donne de 1624: «Ninguén é unha illa, completo en si mesmo; cada home é un pedazo do continente, unha parte da terra; se o mar leva unha porción de terra, toda Europa queda diminuída, coma se fose un promontorio, ou a casa dun dos teus amigos, ou a túa propia; a morte de calquera home diminúeme, porque estou ligado á humanidade; e por conseguinte, nunca fagas preguntar por quen dobran as campás; dobran por ti».

Isto último debería lelo dona Angela Merkel.

RÍOS, Francisco

La Voz de Galicia (27-04-2013)

  • FERRARA: Campás, campaneiros e toques
  • ROMA: Campás, campaneiros e toques
  • Campás (historia xeral e tópicos): Bibliografía

     

  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © La Voz de Galicia (2013)
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 29-03-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 92 Visitants: 92 Usuaris: 0