Campá menor (1) - Igrexa de de Santa María de Cabalar - A CAPELA (GALICIA)

(Referencia 21945)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 50
Peso aproximado (en quilogramos) 72
FundidorBLANCO, SERAFIN
Ano de fundición 1857
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1857 por Serafín Blanco en Neda (A Coruña).
Terzo (T) 2 cordóns /
JESVS MARIA Y JOSE ANO DE 1857 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de tres chanzos cinguida por unha greca triangular. Os brazos teñen remates a modo de potenzada e teñen cravados tres cravos rectos, dicíndonos que Xesús aínda está cravado na cruz.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación, aínda que conservándose poucas deste fundidor, non debería ser refundida.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Observacións Medidas aproximadas

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (19-07-2021)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 10-09-2023
4 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 27-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 48 Visitants: 48 Usuaris: 0