Localización |
Espadana |
---|
Fundidor | BLANCO FERNÁNDEZ, JENARO |
---|
Ano de fundición |
18?? |
---|
Descricion |
Campá menor pendurada do oco dereito da espadana. Fundida por Jenaro Blanco en Monforte de Lemos. |
---|
Terzo (T) |
2 cordóns /
JESVS MARIA Y JOPSE ANO DE 18?? ❖ /
2 cordóns. |
---|
Medio (M) |
Presenta unha cruz con pedestal de cinco chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior vexetal. Os brazos teñen remates flamexados. Unha greca triangular cingue polos brazos da cruz e tres cordóns cinguen pola metade da stipes. |
---|
Medio pé (MP) |
2 cordóns /
inscrición /
2 cordóns. |
---|
Cepo |
Xugo mixto de madeira e pedra. |
---|
Mecanismos de toque |
Badalo cunha cadea. |
---|
Valoración |
Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
---|
Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais. |
---|
Autors da documentación- MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (11-04-2024)
|
Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
---|
Actualización |
21-04-2024 |
---|
| 2 Fotos |
---|