Menor. - Igrexa de Santa Mariña de Barcala - A ESTRADA (GALICIA)

(Referencia 23527)

Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 50
Peso aproximado (en quilogramos) 72
FundidorBLANCO PAZ, ANTONIO
Ano de fundición 1862
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da torre campanario. Fundida en 1862 por Antonio Blanco Paz en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 50 cm de diámetro.
Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1862 ⁑⁑ ⁑⁑ ⁑⁑ ⁑⁑ /
1 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados.
Medio pé (MP) 2 cordóns /
HIZOSE SIENDO ABAD D N MIGUEL DE BARCALA SANTA MARIÑA D N /
1 cordón /
FELIPE G A ⁎ Y PORTO.
Cepo Xugo de ferro.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (21-06-2024)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 25-06-2024
4 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 03-07-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 35 Visitants: 35 Usuaris: 0