Cristo da Vitoria e Santa María (6) - Concatedral Basílica de Santa María - VIGO (GALICIA)

(Referencia 6370)
  • Arquivo sonoro da campá

  • Localización Torre norte
    Diámetro (en cm) 123
    Altura do bronce 95
    Bordo 13
    Peso aproximado (en quilogramos) 1077
    FundidorOCAMPO, JUAN (ARCOS DA CONDESA)
    Ano de fundición 1943
    Descricion Na parte superior a campá leva a usual inscrición das campás galegas "JHS MARIA Y JOSE AÑO DE 1943". JHS é o anagrama de Jesús en latín.
    Na parte de fóra, no medio, hai unha cruz con pedestal.
    Na parte interior hai un longo texto en latín "IN HONORE D. N. J. DE VICTORIA NUNCUPATI : EJUSQUE GENETRIS B. M. V. SUB TITULO ASSUMPTIONIS : HUJUS PAROCHIAE D. PATRONAE : IN DIE FESTIVITATIS S CORPORIS ET S JOANNIS : ANNI DOMINI FAUSTINOS ANDE ET GARCIA ADAS / PARACHUS BENEDIXIT # # # # " que deberon escribir sen abreviaturas "IN HONORE DOMINI NOSTRI JESUCHRISTO DE VICTORIA NUNCUPATI : EJUSQUE GENETRIS BEATI MARIAE VIRGINIS SUB TITULO ASSUMPTIONIS : HUJUS PAROCHIAE DICATA PATRONAE : IN DIE FESTIVITATIS SANCTISSIMUS CORPORIS ET SANCTE JOANNIS : ANNI DOMINI FAUSTINOS ANDE ET GARCIA ADAS / PARACHUS BENEDIXIT # # # # " que pode traducirse como EN HONRA DO NOSO SEÑOR XESUCRISTO, PROPIAMENTE CHAMADO DA VICTORIA E DA SUA NAI SANTA MARÍA VIRXE, DECLARADA PATROA DESTA PARROQUIA BAIXO O TÍTULO DA ASUNCIÓN, NO DÍA DA FESTIVIDADE DO SANTÍSIMO CORPO (DE CRISTO) E DE SAN JUAN, NO ANO DO SEÑOR (CITADO) BENDÍXOME O PÁRROCO FAUSTINO ANDE E GARCÍA ADAS.
    Debaixo, na parte interior, está a marca de fábrica "FUNDIDA POR OCAMPO / EN ARCOS DA CONDESA"
    Terzo (T) (Cenefa) /
    (cordón) /
    (cordón) /
    "JHS MARIA Y JOSE AÑO DE 1943"
    (cordón) /
    (cordón)
    Medio (M) (00) (cruz con pedestal) /
    (2 cordóns)
    Medio pé (MP) (06) "IN HONORE D. N. J. DE VICTORIA NUNCUPATI : / EJUSQUE GENETRIS B. M. V. SUB TITULO / ASSUMPTIONIS : HUJUS PAROCHIAE D. PATRONAE : / IN DIE FESTIVITATIS S CORPORIS ET S JOANNIS : / ANNI DOMINI FAUSTINOS ANDE ET GARCIA ADAS / PARACHUS BENEDIXIT # # # # " /
    (4 cordóns)
    Prima Re 4 -42
    Hum Reb 3 +42
    Terceira Fa 4 -28
    Quinta Sol 4 -33
    Oitava Reb 5 +09
    Toques tradicionais de campás Repiques circulares (virando o badalo dentro de todo o perímetro da campá)
    Toques actuais de campás Repique manual e con electromazo.
    Cepo Madeira novo
    Estado actual Desgaste de campá por toque circular do badalo.
    O electromazo interior impide o repique circular tradicional.
    Mecanismos de toque (09) Electromazo interior - Badalo
    O cepo de madeira histórico foi substituído por un nova, de igual forma para todas as campás. O traballo foi realizado por CARESA en 2000.
    Propostas Debe substituírse o electromazo por un mecanismo, de gran velocidade de resposta, que tirase do badalo, mediante cable, e un gancho que puidese quitarse para repicar manualmente de xeito circular. O mecanismo pode ser hidráulico, como os utilizados na Catedral de València. O mecanismo estará utilizado no muro lateral, e tirará dun cable que pase pola polea correspondente. A solución, aparte de ser máis rápida e permitir o toque manual, é moito mais limpa visualmente.
    Igualmente debe dotarse ao badalo dunha fixación articulada que permita o repique circular sen límites. Os badalos deberán estar protexidos contra a oxidación.
    Protección Protección xenérica ao atoparse nun BIC declarado.
    Valoración Campá interesante. Pode refundirse en caso de rotura tras a súa documentación.
    Instalación A instalación é orixinal e é preciso conservala para protexer a sonoridad e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

    Autors da documentación

    Editor da ficha LLOP i BAYO, Francesc
    Actualización 01-02-2022
    32 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 29-03-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 76 Visitants: 76 Usuaris: 0