| Data de construción |
Século XX. |
---|
Descricion |
Con 150 anos de existencia, o Colexio Apóstolo Santiago é o principal centro educativo da cidade de Vigo. Está ubicado na finca de Bellavista, na que leva instalado dende 1916. Anteriormente o colexio estivo ubicado en A Guarda (Camposancos) e o seu nacemento tivo lugar na freguesía coruñesa de Ancéis en 1872.
O Colexio aspira a ser unha Comunidade Educativa Cristiá ó servizo de Galicia que actualmente forman preto de 1.600 alumnos, dende os primeiros niveis de infantil ata bacharelato.
Ocupa un amplo recinto de 50.000 m2 con catro edificios: xunto á igrexa, o primitivo, que hoxe alberga dende Primaria ata Educación Secundaria; o «pabellón do bosque» tradicionalmente de BUP, en onde estudan os dous cursos do bacharelato e 4º de ESO; e o da entrada principal: recepción, secretaría e administración, biblioteca, salón de actos, comedor, e nos andares superiores ten a súa residencia a comunidade de xesuitas.
O Colexio tamén exténdese en diferentes campos deportivos e uns 4.000 m2 de bosque con especies arbóreas verdadeiramente notábeis. Todo o conxunto aséntase na populosa barriada de Teis, xunto á igrexa parroquial, rexentada asemesmo pola Compañía de Xesús. |
---|
Campás |
1 campá. |
---|
Toques tradicionais de campás |
Tocaba para indicar o remate do recreo e o comenzo das clases. |
---|
Toques actuais de campás |
Non se toca. |
---|
AutorFERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao (Campás e reloxos monumentais de Galicia) (31-07-2022) sjgalicia.org (31-07-2022) |
|