Inventario de Campás

Igrexa de San Xurxo de Artes - CARBALLO (GALICIA)

(Referencia: 12367)
Lugar da Igrexa, 6.
15109 CARBALLO

Data de construción Século XIX.
Descricion Edificio de planta única cunha sancristía apegada ó muro norte do presbiterio. Ten cuberta a dúas augas con cubrición de tella curva do país. No interior posúe unha bóveda de medio punto, sostida por arcos faixóns que van delimitando os diferentes tramos da nave. Un arco triunfal sostido sobre pilastras, dá paso ó presbiterio.
A fachada de traza pentagonal e no eixo vertical central, de abaixo arriba conta cunha porta rectangular adovelada. Sobre o ingreso unha xanela rectangular que, ó igual ca porta, ten os marcos moi remarcados. Nos estremos inscríbense, de modo clásico e acentuado a simetría nunha orde xigante, cadansúas pilastras que, tras unha liña de perpiaños, dan paso a unha cornixa flanqueada por pináculos piramidais. E esa cornixa que rompe o vértice da fachada, unha base para unha espadana de dous corpos de recente construción, misturando a pedra da fachada co formigón da espadana. O primeiro corpo formado por dous ocos rectagulares, serven pra aloxa-las dúas campás. O segundo corpo, un frontón triangular, franqueado por dous pináculos piramidais, e rematado por unha cruz de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (04-02-2021)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (25-09-2022)
  • 1 Foto

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 25-09-2022

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO)192065159
    EspadanaMaior.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)191575244

  • Ficha reducida (PDF)
  • CARBALLO: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 19-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 91 Visitants: 91 Usuaris: 0