Inventario de Campás

Igrexa de San Martiño de Hermedelo - ROIS (GALICIA)

(Referencia: 12961)
Lugar da Igrexa, s/n.
15828 ROIS


Data de construción Século XVIII.
Descricion Igrexa de planta de cruz latina con sancristía acaroado ao lado norte, construída no século XVIII e de estilo neoclásico, aínda que podemos ver elementos de típica adscrición ao barroco coma a ornamentación dos laterais da porta con molduras e orelleiras, fornelo sobre a porta principal e espadana semellante a outras igrexas do mesmo estilo. Dúas imaxes en alto-relevo flanquean a porta principal e outras máis pequenas na porta que dá a sancristía no lado norte. Na fachada e dentro dunha fornela vemos a imaxe de San Martiño de Tours e enriba desta unha ventá cadrada dá luz ao interior do templo. Espadana de dous ocos con arcos para as campás e balaustrada na parte inferior que remata en edículo con oco e pináculo de bóla na cima, dúas grandes cornixas voadas separan os corpos e van adornadas con pináculo piramidais nos estremos. Hai un reloxo de Sol na esquina da fachada cara o muro sur. A carón dela hai unha pequena carballeira cunha fonte.
Estado actual Bó.
Campás 2 Campás.
Autor
  • VIEITES, Elixio (Patrimoniogalego.net) (14-04-2014)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (27-05-2023)
  • 4 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 27-05-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMaior.OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA)1904
    EspadanaMenor.OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA)1904

  • Ficha reducida (PDF)
  • ROIS: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 25-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 99 Visitants: 99 Usuaris: 0