Inventario de Campás

Igrexa de San Pedro de Crendes - ABEGONDO (GALICIA)

(Referencia: 12972)
Lugar do Pazo, 14.
15318 ABEGONDO


Descricion A igrexa actual é producto dunha gran reforma levada a cabo no ano 1863 segundo as inscricións da fachada. A reforma partiu doutra igrexa, máis pequena, que tiña a súa porta principal no lado oposto á existente hoxendía.
Na actualidade, o edificio presenta unha soa nave, rectangular, con muros de carga e revestidos e pintados de branco agás o recercado dos vans e o arco triunfal que dá paso ó presbiterio, que ten cantería á vista.
No exterior destaca a súa fachada coa espadana monumental. A fachada barroca, levada a cabo no ano 1863, de traza pentagonal e no seu eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso alintelada. Sobre o ingreso vai unha gran pedra co escudo parroquial e cunha inscrición que di: “SE EDIFICO EN EL AÑO / DE 1863 SIENDO CURA PARROCO / DON MANUEL FONTENLA CAB. D. LA / R. ORDEN Y AMERICANA DE YSABEL LA CAT.”. Enriba desta pedra outra armeira coroada e máis arriba, un óculo semicircular que dá luz ó coro. Enriba deste oco unha imaxe de San Pedro debuxado nuns azulexos.
Rompendo o vértice do pentágono, unha base para unha gran espadana de tres corpos. No primeiro formado por dous grandes arcos de medio punto que descansan sobre piares e onde van as súas campás. No segundo corpo, un arco de medio punto flanqueado por dous pináculos piramidais con bola. Dentro do oco está a imaxe de San Pedro. No derradeiro corpo, un pequeno frontón triangular cun oco circular flanqueado por dous pináculos iguais cos anteriores pero de menor tamaño. Todo este conxunto vai coroado cunha cruz cuadrangular e achafranada de pedra.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (10-10-2018)
  • BARBEITO, José / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTALES DE GALICIA (05-12-2020)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 11-10-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.17884656
    EspadanaMaior.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)196674235

  • Ficha reducida (PDF)
  • ABEGONDO: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 19-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 83 Visitants: 82 Usuaris: 1 - alepuz