Inventario de Campás

Basílica de San Martiño de Mondoñedo - FOZ (GALICIA)

(Referencia: 4524)


Descricion A Basílica de San Martiño de Mondoñedo é un templo de orixe prerrománica situado na Mariña Lucense, sé do bispado de Mondoñedo durante moitos anos, que se atopa en bo estado de conservación. Atópase na parroquia de San Martiño de Mondoñedo, concello de Foz, no norte da provincia de Lugo. Na actualidade, amais de estar aberta ó culto, alberga no seu interior un museo.
Está considerada como a catedral máis antiga de España, xa que no século IX foi sé de dous bispados do Reino de Galicia, un trasladado desde Dumio, no distrito de Braga (Portugal), e outro trasladado desde Bretoña, na provincia de Lugo.
O edificio actual é románico de finais do século XI e os recios contrafortes son obra do século XVIII. Desde o ano 1931 está catalogada como BIC e no 2007 obtivo a categoría de basílica.
Ó lado da basílica está a fonte da Zapata, segundo a lenda neste lugar o bispo San Gonzalo tirou unha zapatilla e abrollou auga, auga que se considera que ten propiedades milagreiras. WIKIPEDIA (25-07-2016)
Protección Ben: Igrexa Parroquial San Martín de Mondoñedo
Comunidade Autónoma: C.A. Galicia
Provincia: Lugo
Municipio: Foz
Entidade local menor: Mondoñedo
Categoría: Monumento
Código: (R.I.) - 51 - 0000716 - 00000
Rexistro: (R.I.) REXISTRO BIC INMUEBLES: Código definitivo
Data de Declaración: 03-06-1931
Data Boletín Declaración: 04-06-1931
Disposición: REAL DECRETO
Matiz: TRAMITADOS 6º B
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (22-07-2016)
Graffitti "EL AÑO JUBILAR DEL NACIMIENTO DE / SAN ROSENDO (907-2007) SIENDO / OBISPO DE MONDOÑEDO-FERROL EL / EXCMO. Y RVDMO. / D. MANUEL SÁNCHEZ MONGE, / ALCALDE DE FOZ EL ILMO. / D. JOSÉ MARÍA GARCÍA RIVERA / Y PARROCO DE SAN MARTIÑO EL RVDO. / D. SERAFÍN RODRÍGUEZ GARCÍA, / LA BENEVOLENCIA DE SU SANTIDAD / BENEDICTO XVI / CONCEDIÓ A ESTA IGLESIA LA DIGNIDAD / DE BASÍLICA. / LA DIÓCESIS DE MONDOÑEDO-FERROL, / EN PRUEBA DE FILIAL AGRADECIMIENTO / A SU S. SANTIDAD Y PARA PERPETUA / MEMORIA."
"La rehabilitación de la Basílica de San Martiño de Mondoñedo (Foz) ha / sido realizada por el Ayuntamiento de Foz, con la colaboración del / Ministerio de Fomento y del Ministerio de Cultura con cargo a los / Planes y Programas para la conservación del Patrimonio Arquitectónico / e Histórico "1% Cultural" / Foz, Mayo 2010" (A placa conserva aínda a folla de plástico orixinal de protección)
Estado actual A torre foi restaurada recientemente. A escaleira é nova, de madeira, e tanto o chan da sala de campás como o chan das fiestras están cubertos dunha lámina de metal, posiblemente cobre, para a súa protección. Non obstante a trampilla de madeira que pecha a escaleira, está inchada e presenta moitas dificultades tanto para a súa apertura como para pechala correctamente.
Campás A torre conta con tres campás, coa inscripción habitual das campás galegas: "JHS MARIA JOSE" é dicir "JESÚS MARÍA JOSÉ".
As tres teñen o seu cepo orixinal, que conserva restos de cor azul. As dúas campás maiores teñen unha peza de pedra na parte superior e seguramente a pequena tamén. Están en regular estado de conservación e fai moitos anos que non se tocaron manualmente.
Toques actuais de campás O ordenador ten programados os seguintes toques:
T1 - REPIQUE
T2 - D. HOMBRE
T3 - D. MUJER
T4 - DIARIO
T5 - FIESTA
Os toques manuais, excepto o repenique das dúas campás maiores, son imposibles, debido á mala instalación dos mecanismos. Fai moitos anos que esas campás non soaron manualmente.
Intervencións A intervención nas campás, realizada por CARESA non respecta nin os toques tradicionais nin a posibilidade de tocalas manualmente, como é habitual nesta empresa. A instalación eléctrica incumple todas as normas de seguridade e de estética.
Observacións A Basílica de San Martiño de Mondoñedo está incluída no Plan de Catedrais do Ministerio de Cultura.
Autor
  • ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc (21-07-2016)
  • Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos)

    AutorTítuloData
    XORNAL.COMFomento invirtió 900.000 euros en la rehabilitación en la Catedral de Foz2010
    56 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha LLOP i BAYO, Francesc
    Actualización 01-08-2016

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Sala de campásCampá (0)OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)19563832
    Sala de campásCampá (1)BLANCO PALACIO, FRANCISCO (MONDOÑEDO)181365159
    Sala de campásCampá (2)OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)195589408

    Ordenadores

    Ordenador (1)


    Existente En funcionamento

    AutorCARESA S. L.
    Empresa de mantementoCARESA S. L.
    Data de construción 2010
    Descricion CarMaster 04-64
    Aínda que ten unha antena moi visible, o reloxo vai adiantado 5 minutos.
    Editor da ficha ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc
    Actualización 22-07-2016
    6 Fotos
    Inventario xeral de ordenadores
  • Ficha reducida (PDF)
  • FOZ: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 19-03-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 52 Visitants: 51 Usuaris: 1 - servidor