Inventario de Campás

Igrexa de San Martiño de Ozón - MUXÍA (GALICIA)

(Referencia: 6466)
Lugar de Vilar de Sobremonte, 6.
15125 MUXÍA

Descricion Da igrexa primitiva románica consérvanse dúas fermosas ábsidas de forma circular: o central e o lateral da parte sur. A ábsida central accédese por medio dun arco triunfal de medio punto, apoiado sobre dúas columnas que rematan en sendos capiteis, cubríndose esta ábsida cunha bóveda de canón. A ábsida lateral sur é tamén románico, aínda que de dimensións máis reducidas.

A ábsida da parte norte foi sustituída por unha construción de forma rectangular, rachando deste xeito a simetría da fermosa cabeceira desta igrexa. Esta modificación levouse a cabo no ano 1708 polo Pai Velasco, segundo consta nunha inscrición que hai no interior da igrexa. Neste lugar instalouse primeiro a capela de San Miguel, que pasou máis tarde a se-la do Rosario.

Aínda que a estrutura da planta desta igrexa semella moi antiga, as reformas sufridas nos séculos XVII e XVIII cambiaron totalmente o aspecto do templo primitivo.

Igrexa de San Martiño de Ozón. No seu aspecto externo diferenciamos dúas partes ben distintas: por un lado a fachada, de pouco interese, exceptuando o campanario de estilo barroco e os muros laterais e por outra banda a cabeceira, de interesante valor arquitectónico, onde podemos observar na ábside central unha fermosa fiestra con dúas columnas acodilladas, de puro estilo románico, así coma unha rica e variada colección de canzorros, que treman das cornixas das dúas ábsidas semicirculares.

No interior desta igrexa foron soterrados varios membros da familia dos Lema, entre eles D. Alonso de Lema de Quintáns en 1595, a quen correspondeu a primeira sepultura de dotación dentro da igrexa, e Dona Ana Álvarez de Carantoña, muller de D. Isidro Vázquez de Lema. http://www.concellomuxia.com/ (14-02-2015)
Campás 2 campás.
Autor
  • GARRIDO, Santiago / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (10-02-2023)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (10-02-2023)
  • Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos)

    AutorTítuloData
    BÚA, XesúsSancristán e campanero aos 88 anos en Muxía2015
    2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 05-10-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaCampá pequena (1)OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA)5072
    EspadanaCampá grande (2)OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA)70199

  • Ficha reducida (PDF)
  • MUXÍA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 20-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 69 Visitants: 69 Usuaris: 0