
| Descricion |
Esta é a igrexa da Parroquia de Santiago, coñecida tamén como Igrexa Nova.
A súa construcción débese ó Bispo Fernánde de Castro, que tiña a intención de quitar a sede parroquial da Catedral, e dotar de este xeito á parroquia dunha sede independiente.
As obras de construcción da igrexa comezaron no ano 1890, pero por falta de cartos, suspendéronse durante varios anos. O edificio, de estilo neogótico, débese ó arquitecto Nemesio Cabreros.
A igrexa, que é sede da parroquia dende o ano 1901, está rodeada por un atrio dende o que se ten unha boa vista sobre a paisaxe do fermoso val de Mondoñedo. MONDOÑEDO.NET (21-09-2016) |
|