Inventario de Campás

Ermida de Montetorán en Bamiro - VIMIANZO (GALICIA)

(Referencia: 8890)


Descricion O santuario da Nosa Señora de Montetorán, en Bamiro, é un bo exemplo dos tantos que hai por toda Galiza no alto do cume dun monte ou dun outeiro. Por seren considerados un lugar satánico e maldito, normalmente se sacralizaron coa construción dunha pequena ermida. Esta data do século XVIII, coas características propias deste estilo: un presbiterio cuadrangular, con teito cara ao centro e unha pequena nave rectangular de menor altura có presbiterio. Esta última é a parte máis antiga da capela, datable na primeira metade do XVIII. Vai cuberta por unha sinxela bóveda de cruzaría nervada, sobre mensuliñas. A nave vai cuberta cunha bóveda de canón, reforzada por dous arcos faixóns volteados sobre ménsulas. A capela maior comunícase coa nave a través dun arco triunfal de medio punto volteado sobre pilastras apegadas. No exterior, o presbiterio cóbrese cun tellado a catro augas e a nave a dúas vertentes (a do lado sur alóngase para cubrir o pórtico lateral dese lado). As paredes están formadas de bloques graníticos de corte moi irregular. As xuntas encintáronse e caleáronse. A fachada é de cantería con pezas de corte irregular pero dispostas simetricamente ao redor dun eixe central vertical imaxinario. Neste eixe superpóñense a porta de entrada, un fornelo rematada en medio punto que acolle unha imaxe da Piedade sobre unha vieira, e a espadana, dun só corpo de dous machóns onde se sitúa unha campá protexida por unha reixa de ferro. O lugar presuntamente máxico onde se encrava esta ermida, rodeada por unha carballeira e por grandes laxes graníticas, fai que sexa un lugar de peregrinación e rituais de cura de doenzas. WIKIPEDIA (06-03-2017)

Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos)

AutorTítuloData
REDACCIÓNRouban a campá da Capela de Monte Torán2016
MURADO, Miguel-AnxoAs campás roubadas2017
2 Fotos
Editor da ficha ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc
Actualización 06-03-2017


  • Ficha reducida (PDF)
  • VIMIANZO: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 29-03-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 77 Visitants: 76 Usuaris: 1 - servidor