Igrexa de Santiago de Lebozán - LALÍN GALICIA

Campás actuais

Santiago

(Referencia 19913)

Localización Campanil de forxa
Ano de fundición 1789
Descricion A vella campá da igrexa (campá menor), procede de O Convento
..... pero, ¿onde estaba a primitiva igrexa de Lebozán?... e aquí é onde entra en escena a súa campá pequena, colocada fóra de sitio na espadana. A campá pequena foi transportada, pouco despois da desamortización de Mendizábal (1836), procedente de O CONVENTO, para a nova igrexa, a actual, situada cerca do vello camiño Cruz da Grade-Os Carballiños e a carón do regueiro que nace no monte da Ferreiriña. Foi, precisamente, daquela cando se construiu, posiblemente, a igrexa e se colocou dentro do arco da espadana a campá que viña de "O Convento" e na que se pode apreciar claramente, pola inscrición, que foi fundida (bronce) en 1789.
Nesta campá, tal vez fundida en Beariz, aparece unha probable cruz de Malta e a seguinte inscrición: "IHS SANTIAGO ORA PRO NOBIS. ANO 1789". Así que hai que destacar algúns aspectos:
1- A abreviatura IHS (Jesus Hominem Salvatorem) é a mesma ca que aparece marcada nunha cantería na parede da Casa de Chedas (casa señorial).
2- A forma da cruz da campá parece indicar que se trata dunha cruz de Malta, que nos indica que os Cabaleiros da Orde Hospitalaria de San Xoán de Xerusalém, cun priorato en Soutolongo, estiveron á fronte de O Convento. (Antonio Presas).

Óllase unha soldadura na parte dereita do pé.
Terzo (T) 2 cordóns /
IHS ѧ Sᴺѧ TIAGO ѧ ORA PRONOBIS ѧ 1789 ѧ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de tres chanzos con decoración vexetal (Pétalos). Os brazos teñen remates a modo de potenzada. Un cordón ancho cingue pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Ten unha soldadura no costado dereito.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.
Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 08-11-2022
7 Fotos

Maior.

(Referencia 19914)

Localización Espadana
FundidorTABOADA, JESÚS (MONEIXAS)
Ano de fundición 1911
Descricion 3- A nova campá da Igrexa de Lebozán
No ano 1911, segundo se pode ler na inscrición que aparece na campá grande, fundiuse unha nova campá (esta vez na fundición dos campaneiros de Moneixas, Lalin) para reemplazar a vella, que foi cambiada de sitio. Como a espadana conta tan só cun oco, para emplazar a campá vella, habilitouse unha estructura lateral con armazón de ferro e a nova campá, de maior tamaño, instalouse no mesmo sitio da anterior.
¿Porque se instalou un nova campá de maior tamaño?... pois a resposta a esta pregunta parece simple: porque se necesitaba que tivera un maior alcance, que a puideran escoitar os veciños de todas as aldeas (PRESAS, Antonio).
Medio pé (MP) 1 cordón /
... POR TABOADA ✱ MONEIJAS ✱ LALIN ✱ ANO 1911 ✱ Y.... /
1 cordón.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 08-11-2022
2 Fotos
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 21-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 25 Visitants: 25 Usuaris: 0