Igrexa de Santo Tomé de Serantes - LEIRO GALICIA

Campás actuais

Maior.

(Referencia 20777)

Localización Espadana
FundidorFERNÁNDEZ PELLÓN (GALICIA)
Ano de fundición 1882
Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1882 por Fernández Pellón.
Terzo (T) 2 cordóns /
IHS MARIA Y JOSE ANO DE 1882 /
2 cordóns.
Medio (M) 4 cordóns (entre dous grosos, dous cordóns finos) /
Medio pé (MP) Presenta unha cruz cun pedestal de 3 chanzos con decoración de estrelas. Os brazos rematan cun rombo con decoración dunha estrela.
No lado oposto, na parte inferior dereita, pegada o cordón do mediopé, presenta o sinete coa inscrición: ME IZO FERИAИ / DEZ PELLOИ.
4 cordóns
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque badalo cunha cadea.
Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 14-04-2023
2 Fotos

Menor.

(Referencia 20778)

Localización Espadana
FundidorOCAMPO, HERMANOS
Ano de fundición 1969
Descricion Campá menor pendurada no oco esquerdo da espadana. Fundida en 1969 polos Irmáns Ocampo en Arcos da Condesa (Caldas de Reis, Pontevedra).
Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1969 /
1 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de 4 chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas. Os brazos teñen remates flamexados. Un cordón cingue pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Presenta sinete circular coa inscrición: HERMANOS OCAMPO / METALES FINOS / Fundidor de campanas / PONTEVEDRA / CALDAS DE REYES / ARCOS DE LA CONDESA.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 14-04-2023
2 Fotos
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 14-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 34 Visitants: 33 Usuaris: 1 - francesc