Igrexa de Santa María Salomé - SANTIAGO DE COMPOSTELA GALICIA

Campás actuais

Campá gótica de Santa Maria Salomé

(Referencia 14953)

Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 57
Altura do bronce 53
Peso aproximado (en quilogramos) 107
Ano de fundición 1420ca
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da torre-campanario.
A inscrición gótica en minúscula, excepto o L, é simplemente o alfabeto. Algunhas letras van xuntas (bc, hi, qr) sen ningunha intención aparente. Hai dous signos de separación: unha estrela regular en campás, que representamos ✱, e unha flor en marco cadrado, que representamos ❖. Ao final aparecen dous signos verticais que se repiten, e que unhas veces aparecen como signo de abreviatura, e outras como z, en todo caso é unha forma de pechar a serie de letras.
O uso do alfabeto aparece nas campás máis antigas (séculos XIII, XIV, XV) como representación da orde da natureza, pero tamén pode ser unha forma de encher un espazo, por medo ao baleiro. Porén, as dúas liñas do medio e do medio pé están baleiras, sen ningún problema.
Debaixo do alfabeto aparece unha imaxe gótica de Ecce Homo ou Home de Dores que podería significar que Cristo está suxeito ás leis da natureza como un home ou que as domina como Deus.
En todo caso, pola fonte, a inscrición alfabética, o uso do Ecce Homo e a ausencia de cruz, esta campá pódese datar a principios do século XV.
Hombreiro (H) (00) " ❖ ✱ "
Terzo (T) (Cordón)
"a bc de ✱ f ✱ g hi ❖ k ✱ L m ✱ n ❖ o p ❖ qr s t u x z z"
(cordón)
(00) (Ecce Homo rodeado de cinco ✱ )
Medio (M) (Cordón)
(cordón)
Medio pé (MP) (Cordón)
(cordón)
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo sen ningunha corda.
Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (10-03-2023)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 10-03-2023
83 Fotos

Maior.

(Referencia 20431)

Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 62
Altura do bronce 55
Peso aproximado (en quilogramos) 138
FundidorPALACIO; LISTE (CASTROVITE) (PARROQUIA DE ORAZO)
Ano de fundición 1862
Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da torre-campanario. Fundida en 1862 por Palacio e liste en Orazo (A Estrada, Pontevedra).
Terzo (T) 2 cordóns /
IHS MARIA Y JOSE AͶO D 1862 ѧ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de 5 chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior vexetal e xeométrica. Os brazos teñen remates a modo de potenzada.
Medio pé (MP) 2 cordóns /
ѧ PALACIO Y LISTE EͶ ORAZO ѧ /
2 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (10-03-2023)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 10-03-2023
6 Fotos
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 06-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 38 Visitants: 37 Usuaris: 1 - francesc