Campás e Campaneiros

Igrexa de San Martiño de Suarna, A Fonsagrada, Lugo, 29 de setembro de 2018


Os Chichisos organizamos ano mais “CAMPÁS E CAMPANEIROS”, con elo queremos seguir dando a coñecer este PATRIMONIO SONORO cunha demostración de todos os toques tradicionais que a través das campás se producen, tales como avisos de mortes, chamadas a misa, avisos de incendios, etc. e inventarialos.

Cada vez quedan menos campaneiros que sexan coñecedores dos diferentes toques ou sinais para comunicar os distintos acontecementos sociais, sendo sustituídos por aparellos electrónicos que desenrolan a labor de tanxer as campás, ao mesmo tempo que os cidadáns tampouco identificamos o que se transmite a través desta LINGUAXE TRADICIONAL.

Todos os sons serán grabados por XOAN XIL, que está a traballar na recuperación do patrimonio sonoro de Galicia, é dun xeito especial dos sons en perigo de extinción, que é o caso que nos ocupa.

CHICHISOS

[pdf]

(14-09-2018)

  • Concursos, encontros, mostras de campaneiros: Bibliografía
  • Campaneiros: Bibliografía

     

  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    Buscar campá, campanario, poboación, fundidor, ano fundición, epigrafia, autor, artigo
    © Campaners de la Catedral de València (2018)
    campaners@hotmail.com
    : 23-09-2018
    Convertir a PDF