ESPERÓN RECARY, Juan José - José Luis Barragans Lorenzo (Lis)

José Luis Barragans Lorenzo (Lis)

Fago este escrito con motivo da celebración no ano 2018 do 150 aniversario da colocación na torre da Igrexa da cruz de ferro con veleta ( era o ano 1868, e costou daquela 58 reais facela é 10 instalala no seu sitio).

Última hora

Hoxe mércores 17 de Abril do 2019 hubo Consello de Ministros, e a proposta do ministro de Cultura e Deporte, José Guirao, declarou este mércores 17 de abril o ‘Toque Manual de campás’ Manifestacion Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial.

Nun comunicado o Ministerio de Cultura e Deporte dice que o Toque manual de campás é unha “linguaxe sonora” que funcionou ao longo dos séculos como un medio de comunicación, debido a que “cumpre as funcións sociais de informar, coordinar, delimitar o territorio e protexer”.

“Os toques de campás foron os encargados de organizar a vida comunitaria, de delimitar o tempo e o espazo laboral, diario, festivo e de duelo”, sinala o Ministerio.

Segundo destaca o departamento que dirixe Guirao, por iso existe, tanto no ámbito relixioso como no civil, un amplo repertorio cunha gran diversidade de formas e técnicas que anunciaron incendios, tormentas, rogativas, horas e acontecementos do ciclo vital, e regularon diferentes aspectos da vida festiva, ritual, laboral e cotiá.

Entre os motivos desta declaración, destaca que, aínda que o toque manual de campás deixou de executarse en moitos lugares, aínda non se perdeu o seu coñecemento e moitas torres e campás atópanse aínda en situación de poder ser recuperadas.

A Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzons, que está levando a cabo o Milenario da Parroquia, quere facer chegar ao noso querido veciño José Luis Barragans Lorenzo, máis coñecido por “Lis”, actual sancristán e campaneiro da Parroquia de Cerponzons, polo seu labor ao longo de tantos anos tocando a campana e así poder conservar esta ” linguaxe sonora “, unha tradición de séculos.

Así mesmo tamén queremos enviar a nosa felicitación aos irmáns Losada Barreiro, José, Santiago, Juan, Javier e Alberto, todos eles antecesores do noso actual campaneiro Lis, e que grazas a eles os toques das campás na nosa Parroquia non deixaron de escoitarse o longo de tantos anos.

O noso sacristán

Con este artigo quero recoñecer o labor que leva facendo LIS durante tantos anos, un labor que desempeña con dignidade , ás veces limitada debido á falta de movilidad no seu brazo esquerdo, pero que sae adiante nas súas funcións, aínda que ás veces moitos de nós non nos paramos a valorar o seu esforzo.

Coñécese ao sacristán por ser o cuidador da igrexa e do que engloba esta, o oficio de sacristán vén de moi antigo, aínda que non estivo recoñecido ata o século XIII cando o Papa Gregorio IX no seu escrito “De officio sacristae” recoñéceo como un oficio honroso e renumerado, un pouco máis tarde definiu as súas funcións e prescribiu que fose un sacerdote quen realizase esa función.

Nas nosas parroquias o sacristán tiña entre as súas funcións o tocar as campás a oficios, festas, reunións, lume, desastres etc. En moitos lugares ata tocaba as campás no verán para intentar romper as nubes e evitar o granizo con fortes repiques.

Normalmente este oficio de sacristán exercíao unha familia da parroquia, era un traballo que se ía transmitíndose de xeración en xeración e polo xeral tiñan que ser varóns.

Os que teñen a miña idade ou máis, seguro que aínda recordan que os que fixeron a función de sacristans foron os irmáns da familia Losada Barreiro, José , Santiago, Biry, Javier e Alberto , si non mal recordo, todos estes antes de que esta función collésea LIS.


Javier Losada Barreiro, máis de dez anos de sacristán en Cerponzons

LIS comezou aproximadamente un ano antes da marcha da parroquia de D. Benito, e desde aquela sigue desempeñando a sua función , excepto un ano en que tivo un grave accidente e non puido desempeñar o cargo de sacristán, polo tanto leva xa un feixe de anos as súas costas.

A funcións das campás

É curioso ver como as campás tiveron infinidade de utilizacións, recollín diferentes toques de campá ao longo da xeografía española, son os seguintes:

– TOCAR Ao ALBA.-
Tocábase todas as mañás coa finalidade de que a xente comezase as súas tarefas. O modo en que se tocaban era ao redor de 10 a 15 toques de campá.
– TOCAR A MISA.-
Tocábase todos os días do ano para que a xente do pobo dirixísese á igrexa. O xeito en que se tocaba nesta ocasión era ao redor de 15 a 20 toques de campá. Tocábase tres veces deixando un espazo curto de tempo entre cada toque ou sinal. O primeiro sinal servía para que a xente comezase a aviarse (ataviarse); o segundo para empezar a dirixirse cara á igrexa; e inmediatamente logo do terceiro sinal comezaba a misa.
– TOCAR Ao MEDIODÍA.-
Tocábase como o alba todos os días do ano co fin de que a xente soubese que era a unha do mediodía. A forma en que se tocaba era de 10 a 15 toques de campá.
– TOCAR Ao ROSARIO.-
Tocábase todos os domingos e días festivos para que a xente acudise ao rosario. O modo en que tocaban era ao redor de 5 a 10 toques de campá.
– TOCAR As ORACIÓNS.-
Tocábase todos os días do ano coa finalidade de indicar o fin do día. O xeito en que se tocaba nesta ocasión era ao redor de 10 a 15 toques de campá.
TOCAR A VÉSPERAS.-
Tocábase o día anterior das festas sinaladas, o toque realizábase pola tarde. Este toque de campá sinalaba que o día seguinte era festa. O modo en que se tocaban era ao redor de 10 a 15 toques de campá.
Nalgunha destas festas que se gardaban facíase os toques de campá pola mañá para avisar á xente que tiña que deixar as tarefas que estaban realizando, xa que había castigo con multa pola falta de asistencia.
– TOCAR A FESTA.-
Tocábase os días de festa para que a xente soubese que era festa. O modo en que se tocaban era batendo as campás varias veces.
– TOCAR A CLAMORES.-
Tocábase cada vez que había un defunto coa finalidade de que a xente decatásese. O xeito en que se tocaba nesta ocasión era con toques lentos e bastante longos. Existían diferentes toques si o defunto era home ou muller.
– TOQUES DE TORMENTA.-
Tocábase cando había unha tormenta mala co fin de que a tormenta disipásese. O modo en que se tocaba era media volta de campá.
– TOCAR A PERDIDO.-
Tocábase en días de moita néboa ou noite moi escura e na que algún dos veciños da parroquia non volvese a casa. Os toques de campás orientaban a esa persoa para chegar ao pobo.

Quen non recorda A Rosalía de Castro falar das campanas de Bastavales ? Ela morría de soidade cando as oía….En épocas pasadas, non mui lexanas o son dos sinos marcaba a vida das parroquias rurais. Nin que decir ten que as campás das Igrexas eran o medio de comunicación das parroquias, hai quen di que foron o primeiro medio de comunicación de masas.

Era a maneira de que os nosos antepasados e tamén agora comunicanos o tanxer das campás unha menxase que desciframos o momento, a linguaxe das campás era entendido por todos.

Era escoitar o toque e xa se sabía se tocaba a defunto ( sabendo tamén si era home ou muller), tamén si había lume, ou coma en algunhas parroquias indicaban a hora de xantar ou si había algunha parturenta dando a luz. Eran infinidade de mensaxes que se daban coas campás segundo como se tocaran.

Non podo asegurar que en todalas parroquias se deran os mismos avisos, pero en artigos relacionados con este linguaxe das campás recollemos os máis significativos : O primeiro toque da xornada era o que indicaba o comenzo do día, chamado Toque de Alba, despois indicaban tamén o aviso da hora de xantar e tamén o de recollida pola noite.

Tamén en muitos lugares existe o chamado Toque de Arrebato, utilizado cando hai lume, e a súa finalidade e xuntar cantos máis veciños mellor o máis rápido posible.

Había un toque do máis especial das campás, chamado repique, que se consegue ao tanxer unha campá rápida e repetidamente en sinal de alegría.

O que máis se sigue usando por desgraza e cando morre algún veciño, as campás tocan a defunto ou dan sinal (É un toque lentiño, de dúas campás de distinto son).

Hoxe en día hai xa outros métodos para poder avisar, e a linguaxe das campás cada vez teñen menos uso, pero ainda así xa debemos tela reflexada de algunha maneira no noso Patrimonio Cultural, porque forma parte da tradición e da cultura do noso Pais.


Lis, con Dionisio, compoñente dos gaiteiros Os Alegres.

ESPERÓN RECARY, Juan José

O Roque de Cerponzóns (15-08-2013)

  • Igrexa parroquial de San Vicente de Cerponzóns - PONTEVEDRA: Campanas, campaneros y toques
  • PONTEVEDRA: Campanas, campaneros y toques
  • BARRAGANS LORENZO, JOSÉ LUIS "LIS" (CERPONZÓNS) (PONTEVEDRA) : Toques y otras actividades
  • Campaneros: Bibliografía

     

  • Volver a la página anterior
  • Menu inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © O Roque de Cerponzóns (2013)
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 28-03-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 72 Visitants: 71 Usuaris: 1 - servidor