Campaneiro
Campá
campaneiro
materiais
elaboracion
tradicion

"Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades..."

Coas palabras de Rosalía de Castro queremos lembrar este vello oficio. Imos aproveita-la presencia en Arcos da Condesa duns dos poucos artesáns campaneiros que aínda quedan. Son os herdeiros dunha tradición familiar que se perde no tempo. Son a sétima xeración dunha familia, que comenzou no ano 1630 a constucción das campás que adornan, e serven para chamar ós veciños, en moitas ermidas, igrexas e catedrais do noso país.

Placa sobre a porta
Enrique López xunto co seu fillo, e irmáns, son os conservadores desta tradición e dos seus segredos, moi ben gardados, para que as campás que saen do seu obradoiro teñan a sonoridade que as caracteriza.

A placa, situada sobre a porta, da fé da data de creación do obradoiro.

Tamén hai que facer constar que a técnica utilizada é exactamente a mesma dende o século VXII, pasando de país a fillos ó longo dos anos.

Obradoiro
Enrique López
Enrique López
Dous momentos da entrevista que nos concedeu, facendo un alto no traballo, xa que nestes días comenzaban co proceso do enterrado dos moldes para seis novas campás.
Materiais
Barras de metal
O material empregado para facer as campás é o bronce (mezcla de cobre e estaño), nunha proporción considerada segredo familiar ó ser a que logra o son característico dos productos destes artesáns.
Madeira para o forno

Utilizan, asimesmo, madeira para quenta-lo forno, que vai fundi-los metais, e para o molde da campá.

Barro para face-los moldes que servirán de base ó bronce líquido.

Molde en barro
Tamén é necesario engadir materias vexetais, cañamo, á mezcla de barro para darlle unha maior consistencia. Ás veces tamén aramio. Non esqueceremo-la cera que vai leva-las inscripcións da campá.
É importante contar coa terra que vai soterra-los moldes para que o metal poda enche-lo espacio baleiro, que logo será a campá.
Elaboración
Molde de campá
Na elaboración das campás non se empregan ferramentas, é un traballo plenamente manual. Tan só para apisoar a terra, no proceso de preparación para o recheo do molde, usánse uns tacos fortes cos que baten no chan ata que a terra adquire consistencia.
Plantilla da campá

O proceso comprende varias etapas, a primeira é a elaboración dos moldes. O primeiro destes, de gran consistencia, elabórase con barro mesturado con aramio e cáñamo. Para darlle a forma da campá utilízase unha táboa de madeira recortada co perfil que vai ter.

O segundo molde, recobre o primeiro (unha vez seco), faise de barro e nel incrústanse as letras ou inscripcións que logo van aparecer na campá. Logo ven a capa de cera.

O terceiro molde recobre ó intermedio e nel quedan gravadas as letras que estaban neste.

Primeiro molde
Molde sobre tacos de madeira
Varios moldes preparados
A asa da campá ten un molde no que queda o oco dunha plantilla de madeira coa forma. Este novo molde dispón de dous buracos, un para introduci-lo metal fundido e outro para saída dos gases.
Moldes das asas
Os sous moldes e o oco que vai se-la campá

O proceso de secado dos moldes faise no mesmo lugar onde están, poñendo lume por baixo deles. Dependendo do tamaño da campá, pode durar un mes.

No caso das campás, o segundo molde retírase e ponse de novo o terceiro por riba do primeiro. O oco que queda entre os dous é o que vai ocupar o metal fundido, é dicir, a campá.

O maior ou menor tamaño destas é o responsable do son máis ou menos grave.

Unha vez feitos os moldes, colócanse nunha plataforma ó lado do forno onde vai fundi-lo metal, e bótanse capas de terra. Isto é así no caso destes artesáns, noutras zonas o que fan é soterralas nun buraco aberto no chan. Tápanse os ocos (onde logo vai entra-lo metal fundido) cun pano, e pónse por riba un peso, para que non entre o po. Algunhas persoas baten na terra ata que as campás quedan cubertas. Este proceso pode durar dous días.

Batendo no chan

Nun forno que está ó lado da plataforma e que debe alcanzar unha temperatura de 900ºC, fúndese o metal. Utilízase madeira de eucalipto ou pino porque é a máis adecuada.

O metal fundido, a aleción de cobre e estaño nas proporcións axeitadas para acada-la sonoridade propia destes artesáns, sae do forno a través dun buraco. Este comunica cuns regos feitos na terra e que conducen ó cumio de cada unha das campás. Alí entran polo espacio deixado ó retira-lo segundo molde enchendoo. Este proceso dura aproximadamente cinco horas.

Logo de enche-los moldes deixánse enfriar dous días; rómpense, extráense as campás e procédese ó pulido e colocación do badalo e soldado da asa.

Os artesáns campaneiros non só fan campás novas, tamén refunden aquelas que rachan despois de moitos anos de uso, e aproveitan así o metal do que están feitas.

Campá
Campá vella para refundir
Campá nova
Unha campá rota agarda ser fundida de novo no obradoiro destes artesáns. Ó lado podemos ver unha, nova, que leva a inscripción dos irmáns Ocampo.
Tradición
Moldes de campás
Os artesáns campaneiros, dos que trata este traballo, son dos que teñen un obradoiro e reciben os encargos da nosa Comunidade e doutras partes de España, como no seu momento foi o encargo das campás da Catedral da Almudena en Madrid.
Pero non todos son así. Hai anos abondaban os campaneiros itinerantes, ian onde os chamaban. Alí tiñan que facer os fornos, os moldes, e as zanxas para soterralos. Colaboraba toda a xente da vila. Os nenos recollían esterco de cabalo, que mesturado co barro, evitaba as fendas nos moldes. Tamén nalgún caso, chegou a rezar toda a xente polo éxito do fundido das campás. Tamén aproveitaban a calor dos fornos para "facer curacións" ós nenos e anciáns que tiñan algunha doenza.
O toque de campás tiña tamén o seu ritual. Ademais de comvoca-los fieis ós oficios relixiosos, podían tocar pola morte dalgún veciño ou convoca-la xente no caso dalgunha desgracia. Tamén tiñan características especiais nas vilas mariñeiras, onde servían para guia-los barcos á costa cando o mal tempo ou as brétemas non permitían ver con claridade .

Na vila de Laza tocaban as campás tódolos días do mes de Maio, á unha do mediodía, para escorrenta-las treboadas 74436 do mes.

É moi coñecida a "Lenda das campás e o Tronante de Matamá".

Os Tronantes eran uns seres que provocaban tronos e raios por riba das nubes. Isto era causa dos desastres nas colleitas, polo que a xente estaba moi farta destes seres.

Contan que polo San Xoan, un ano, o ceo púxose de trono. Todos correron a cobixarse, e un Tronante caeu no chan. Era un ser mouro, gordecho e moi peludo, ía espido e semellaba chamuscado. Aquí poideron proba-la eficacia das campás para escorrentalos. Pero era preciso tocar ben, porque de non facelo, o trono podería volver contra os campaneiros.

Esta lenda pode se-la base das crenzas da capacidade das campás para alonxa-los malos espíritos. As palabras que acompañaban ó toque das campás eran: "Garda viño, garda pan, garda fuego de alquitrán". E tamén: "Tente trono, tente en ti, que Deus manda, máis ca ti".

Da presencia das campás na vida rural dan fe, entre outros, os poemas de Rosalia de Castro. As campás de Bastabales e as do Pomar fan a súa chamada á saudade. Tamén son nomeadas por Valle-Inclán: "familiares como a voz das avoas". Fernández Florez fala delas no Bosque animado, tamén Manuel María di delas que: "chaman a vivos e defuntos".

Aparecen no Refraneiro: "Bens de campá, dáos Deus e o demo os derramará"

E nas adiviñas: "Que cousa é que cun só dente chama pola xente?"

E como remate lembrade que: "ás veces, as campás soan sen que ninguén as toque, entón non poden ser máis cas ánimas."

Volta ó inicio Volta ó inicio
Batendo o chan para enterra-las campás
Para saber máis sobre Caldas de Reis, o concello onde se atopa Arcos da Condesa, preme na fonte
A Caldas de Reis

CEIP SAN FRANCISCO XABIER

Ceip San Francisco Xabier - A Coruña (2010)

  • OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) (CALDAS DE REIS) : Inventario de campás
  • OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) (CALDAS DE REIS) :
  • Fabricación, fundición de campás: Bibliografía

     

  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Ceip San Francisco Xabier - A Coruña (2010)
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 28-03-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 73 Visitants: 73 Usuaris: 0