Asociación Cultural Campaneiros de Galicia


Campaneiros de Galicia - Autor: CAMPANEIROS DE GALICIA

Onte pola tarde, sábado 21 de maio de 2022, colocáronse os cimentos da Asociación Cultural Campaneiros de Galicia. Na reunión efectuada no mosteiro de Herbón (Padrón), deuse conformidade aos estatutos da nova asociación quedando como presidente José Andrés Barreiro, campaneiro de Santa María de Dodro e de vice-presidente o campaneiro e sacristán da Catedral Basílica da Nosa Señora da Asunción de Mondoñedo, Valentín Ínsua. Como secretario o campaneiro mestre fundidor de campás, José Enrique López Ocampo de Arcos da Condesa e de tesoureiro o campaneiro de Porto do Son, José Martínez Martínez. A duración do mandato será por dous anos.

Entre os seus fins son o de manter vivo o aprendizaxe e a ensinanza da linguaxe das campás, promover a cultura das campás e a súa historia, potenciar a restauración e o mantemento das campás, campanarios e todo patrimonio campaneiro. Para o cumprimentos dos seus fins levaránse a cabo actividades como organizar e participar encontros de campaneiros e simpósiuns, buscar e manter contacto con asociacións ou agrupacións con fins similares o desta asociación, etc.

O comenzo, como en todas as asociacións non será un camiño fácil pero, esperemos que, coa debida publicidade e a integración de máis campaneiros espallados por toda Galicia nesta asociación, se logren as metas propostas e non só campaneiros actuais, toda a xente que queira aprender e achegarse a este mundo dos sinos tería a oportunidade de iniciarse e, porque non, ser un futuro campaneiro. Que o toque manual das campás e os seus campaneiros non desaparezan.

CAMPANEIROS DE GALICIA

(21-05-2022)

  • CAMPANEIROS DE GALICIA : Toques e outras actividades
  • Campaneiros: Bibliografía

     

  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 29-03-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 95 Visitants: 95 Usuaris: 0