A Cadela, unha campá en Fontarón


Debeu ser no tempo do citado don Pedro "dos Cachos" cando desapareceu "A Cadela", nome que recibía porque "ladraba moi alto", a campá da igrexa, famosa en toda a contorna por alonxar as treboadas. Nun principio creuse que foran uns ladróns que a tiraron ao Pozo do Piago, en Neira de Rei, pero transcorrido algún tempo sóubose que a levara o Nubeiro, un ser mitolóxico galego responsable das tormentas e dirixir os raios a vontade. Uns din que é un anxo caído, outros un espírito maligno. Anda polas nubes e nelas trasládase dun lugar a outro. Ás veces baixa á terra para comprobar o resultado das súas fazañas.

Foi durante a Guerra Civil cando caeu sobre Fontarón unha gran pedrada. Os vellos, lembrándose da vella campá, dicían: "Se estivera a Cadela non apedraba".

"Tocan os frades a campá/pra escorrentar o nubeiro,/ben eles sudan pra encher/pra todo o ano o granceiro".

(Achegada por José Osorio e Suso Telo).

COLECTIVO PATRIMONIO DOS ANCARES

Arqueoloxia dos Ancares (24-06-2022)

  • Igrexa de Sancti Spiritus de Fontarón - BECERREÁ: Campás, campaneiros e toques
  • BECERREÁ: Campás, campaneiros e toques
  • Tormentas e campás: Bibliografía

     

  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Arqueoloxia dos Ancares (2022)
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 16-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 29 Visitants: 29 Usuaris: 0