O reloxo do Concello de Becerreá


O mecanismo, de máis de 100 quilos de peso, data do ano 1884. Foi construído por Canseco, un reloxeiro de Rabanal del Camino, no Bierzo, que fixo uns 600 reloxos artesanais para varios puntos de España, e mesmo para Xerusalén. O custo ascendeu a 3.526 pesetas da época. Nos anos setenta aínda funcionaba no antigo Concello (edificio tristemente desaparecido). Despois botou varios anos desmontado nos baixos do Xulgado para seren colocado posteriormente no novo Consistorio. Foi restaurado polo reloxeiro Pablo López quen estudou a maquinaria, de orixe francesa, e o desmontou peza a peza repoñéndoa á súa imaxe actual. Ao quitarlle o óxido descubriu que a maquinaria estaba pintada de verde polo que procedeu a darlle a mesma cor. Na colocación tamén participou Tonecho, un torneiro local, que foi quen fixo un eixe que faltaba e reparou os piñóns.

Ao reloxo hai que darlle corda cada día. Pablo, dende neno, xa lle daba corda xa que o seu pai era o empregado municipal encargado de tal labor e el axudábao.

A campá pesa 150 quilos, está coroada por un catavento en forma de galo. Soa cada media hora e repite os toques aos dous minutos, ademais de marcar as medias.

COLECTIVO PATRIMONIO DOS ANCARES

Arqueoloxia dos Ancares (00-00-1950)

  • Casa do Concello - BECERREÁ: Campás, campaneiros e toques
  • BECERREÁ: Campás, campaneiros e toques
  • CANSECO, ANTONIO (MADRID) : Inventario de reloxos
  • Reloxos: Bibliografía

     

  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Arqueoloxia dos Ancares (1950)
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 20-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 88 Visitants: 87 Usuaris: 1 - francesc